Foz, 17 de agosto, 2019. Os membros do Comité Executivo do PP de Foz coma os da candidatura coas que se presentaba o partido nas pasadas eleccións municipais participaron nunha xuntanza presidida pola máxima mandataria do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, acompañada tamén do coordinador do PP na Mariña, José Manuel Balseiro, e o voceiro do Grupo Municipal Popular e deputado provincial, Javier Castiñeira que tiña como obxectivo “o fortalecemento do Partido de cara as vindeiras citas electorais”.
“Esta foi unha das primeiras reunións coas agrupacións locais do Partido Popular na nosa provincia para valorar os puntos máis e menos fortes de cada unha para encarar con forza as posibles eleccións xerais que se celebrarían en novembro -no caso de non quedar desbloqueada a formación do Goberno central no vindeiro mes de setembro- coma as eleccións autonómicas a celebrar o vindeiro ano”, explicou a presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia.
Os populares de Foz amósanse “unidos e ilusionados” por continuar traballando de cara ás vindeiras citas coas urnas. Concretamente, Javier Castiñeira -que tamén representa aos populares no Grupo Provincial- agradeceu o apoio de Candia e Balseiro; xa que “contribúe a que seguimos motivados” e a dar visibilidade a Foz como “un referente” na provincia.
É que os populares avalan “a boa xestión do Goberno do PP en Foz nos últimos oito anos” que demostra que “é posible gobernar en minoría grazas á boa man política e á capacidade para chegar a acordos” que, de feito, “fixeron posible sacar adiante moitos proxectos en beneficio de Foz e os nosos veciños e veciñas”.
Así, a pesar de “non estar satisfeitos cos resultados” dos comicios municipais; dende o PP de Foz amosan a súa motivación para “facer unha boa oposición e traballar por recuperar o Goberno local”. Mentres, dixo Castiñeira, “o noso labor é o de fiscalizar e controlar ao equipo de Goberno” e “comprobar se tanto o PSOE coma o BNG cumpren o seu programa electoral”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



