Abadín, 20 de agosto de 2019.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe as obras do parque eólico Neda, sito entre os concellos lucenses de Abadín e A Pastoriza. O centro enerxético, impulsado pola compañía galega Norvento, comezou a constituírse en decembro de 2018, e estará rematado a finais do presente ano.
O parque eólico Neda conta cun investimento de 27,3 millóns de euros, e xerará ata 429 postos de traballo, dos cales 107 serán postos directos, e 322 resultarán indirectos. A infraestrutura do centro componse de 11 aeroxeneradores que suman unha potencia total de 34,5 MW, cunha produción de enerxía anual estimada de 125.000 MWh.
Este parque únese a outros proxectos similares promovidos por Norvento, que inclúen Sasdonigas I e II, Cadeira, A Pastoriza, Carracedo e o parque eólico singular de Mondoñedo. Conxuntamente xeran 131,25 MW, contan cun investimento de 107,5 millóns de euros e dispoñen ata 1.600 postos de traballo.
Tahoces felicitou á compañía galega polo seu traballo con Neda e polo seu compromiso con Galicia e coas renovables, asegurando que “empresas como estas son as que fan que Galicia exhiba posicións líderes nos diferentes ámbitos enerxéticos”. Do mesmo modo, congratulou aos alcaldes dos concellos de Abadín e A Pastoriza por favorecer o que definiu como ‘un éxito empresarial e social’.
Estratexia eólica
Actualmente estanse a construír 18 parques eólicos en toda Galicia, cun investimento aproximado de 470 millóns de euros. Estes centros representan unha aposta da Xunta polas enerxías renovables, xerando riqueza e emprego en Galicia (cunha creación ou retención de máis de 5.000 empregos entre construción e mantemento), e ofrecendo un abaratamento dos custos e da calidade de subministración, cunha potencia programada de 441MW entre todos os parques implicados.
Deste xeito, a Administración avoga por un crecemento económico sustentable que responda a unha mellora na eficiencia e que implique, de xeito protagonista, a potenciación das enerxías renovables de carácter autónomo como motores desa transformación, garantindo as condicións para que se desenvolvan proxectos vinculados coas enerxías renovables sen renunciar ás garantías urbanísticas, técnicas e ambientais.
Grazas a este compromiso, Galicia se sitúa á vangarda do emprego das renovables a nivel europeo, superando os parámetros en canto o obxectivo de penetración de renovables para 2030 marcado por Bruxelas (fixado nun 32%, con Galicia xa contando cun 35,2%) ou de xeración eléctrica (marcado no 74% a nivel continental, e cunha produción autonómica do 62,6% xa en 2017).

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



