Madrid, 27 de agosto de 2019. Galicia En Común rexistou esta mañá varias iniciativas parlamentarias no Congreso dos Deputados para solicitar a actuación urxente do Goberno na nova crise aberta na industria galega, esta vez en Alcoa San Cibrao.
A deputada Yolanda Díaz denuncia que “a situación que vive a planta lucense non é nova, e segue, tristemente, o camiño de moitas outras empresas no país, xa que o actual prezo da enerxía fai inviable, na maioría dos casos, o futuro de moitas empresas, sobre todo as electrointensivas”, e denuncia que “o Goberno, tras un ano no poder, non adoptou ningunha medida para rebaixar o coste da mesma e que en industrias como a fábrica de aluminio, supoñen o 50% dos gastos da planta”.
Por iso, nunha nova Proposición non de Lei, solicita ao Goberno central que, de maneira urxente, e en coordinación cos organismos competentes da Xunta de Galicia, convoque unha mesa de traballo e diálogo da que formen parte persoas representantes da empresa Alcoa en San Cibrao (Lugo), dos traballadores e das traballadoras e das administracións competentes, coa finalidade de atopar unha solución de futuro á fábrica de aluminio que garanta a súa continuidade e viabilidade, así como a dos postos de traballo.
Galicia en Común lembra que o Ministerio de Industria debería ter aprobado desde hai meses o Estatuto dos Consumidores Electrointensivos, un Real Decreto que, a día de hoxe, tan só é un borrador que recibiu numerosas alegacións, e que foi calificado como insuficiente para asegurar a competitividade da industria electrointensiva de España frente á de países como Francia ou Alemania. De feito, sinala Yolanda Díaz, que “xa Alcoa alertou do perigo de peche da planta de San Cibrao, toda vez que as medidas propostas polo Goberno para abaratar os costes eléctricos da industria poñían en risco a súa viabilidade”, e lembra que “esta crítica foi compartida tanto polas organizacións sindicais como pola patronal do sector AEGE”.
Nas iniciativas rexistradas hoxe no Congreso, desde Galicia en Común tamén se insta ao Goberno a establecer un novo sistema de xestión da demanda de interrumpibilidade para a industria, así como levar a cabo os cambios regulatorios necesarios para o establecemento dunha tarifa regulada de enerxía para uso exclusivo das industrias/actividades calificadas como electrointensivas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



