Burela, 8 de agosto, 2019. O gardameta polaco Michal Marek Kaluza, outra das novidades laranxas para o regreso á elite, descubrirá o futsal español defendendo o Pescados Rubén Burela FS en 2019-20, xunto a Eduardo Saavedra. “Na miña opinión, esta é a mellor liga do mundo e estou moi feliz por poder formar parte dela. O meu soño sempre foi probar fortuna en España e cando xurdiu a oferta de Burela aproveiteina” explicaba o internacional, de 21 anos, na súa presentación oficial, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez.
“A decisión de trasladarme a Burela foi difícil. No aspecto deportivo, non o dubidei un momento, porque era o meu soño. Pero, doutra banda, tiven que deixar a miña cidade natal, a miña noiva, os meus amigos e a miña familia. Afortunadamente, atopei o apoio dos meus seres queridos e por iso me decidín a dar o salto”, explicaba Kaluza, que chegou a Galicia o pasado 27 de xullo para iniciar a pretempada o 1 de agosto co resto do cadro de Juanma Marrube: “Os meus primeiros días en España foron moi movidos. Coñecín os lugares máis importantes relacionados co club e algúns dos meus compañeiros de equipo e ao adestrador. Todos me recibiron moi ben e podo contar con todos se é preciso; vexo en todos un gran compromiso e unha profesionalidade total. Existe a barreira do idioma, pero todos os días melloramos a comunicación entre nós, con algunhas risas. Intento falar cos meus compañeiros tanto como é posible e preguntarlles sobre varios temas relacionados con Burela e toda a liga. Tamén estudo vocabulario en español para mellorar a miña comunicación co adestrador e o equipo. Espero que sexa cuestión de semanas e sentireime como na casa en Burela” explicaba o polaco, entusiasmado no seu novo fogar.
Dende hai unha semana, Kaluza comparte co resto dos seus compañeiros as dobres sesións de pretempada para estar a punto para o regreso a Primeira LNFS, entre Monte Castelo, A Marosa e Vista Alegre: “Os primeiros adestramentos no período preparatorio foron duros, moita carreira, pero isto é o que toca para prepararse para os partidos de liga o mellor posible” confesaba o meta, procedente do Rekord Bielsko-Biala e recoñecido como un dos mellores porteiros do mundo nos Futsal Umbro Awards 2018, consciente de que ten un gran reto por diante: “Hai moitas diferenzas entre o fútbol sala polaco e español. A cultura e o ritmo do xogo son particularmente notables; cada partido é de alto nivel. O futsal en España é moi espectacular e reúne a moita xente nas bancadas. En Polonia, con todo, é unha disciplina máis humilde e só nalgúns lugares do país ten máis público”.
Kaluza conta as horas para poder estrearse de laranxa: “Os meus obxectivos para esta tempada son aclimatarme o mellor posible ao equipo, aprender máis do fútbol sala, así como demostrar todas as miñas virtudes ao adestrador para xogar tantos minutos como sexa posible”. Con todo antes do 14 de setembro co inicio da liga en Vista Alegre, terá a oportunidade nas citas de pretempada, que darán a saída este sábado, 10 de agosto, en Tapia de Casariego, nun triangular xunto a Atlético Benavente e Boal FS a partir das 19.00 horas.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
