Burela, 26 de agosto de 2019. Na V Feira do Libro de Burela, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro, haberá presentacións, actividades para os máis pequenos, teatro con Carlos Blanco e Touriñán e sorteo de agasallos. O pregón será pronunciado por Pablo Mosquera o sábado ás 12:30 horas e ese día terá lugar un debate titulado O trasno, 30 anos despois, no que participarán Emilio Legaspi e Manuel Nebril a partires das 20:00 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana celebramos en Burela a quinta Feira do Libro. Empezará o venres e transcurrirá durante todo o fin de semana. Os horarios van ser de 12:00 a 14:00 horas polas mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. Faremos o pregón o sábado ás doce e media da mañá e este ano o pregoeiro vai ser Pablo Mosquera, unha persoa moi vinculada á cultura en toda A Mariña, e en particular á literatura, é dos que tiran das feiras do libro ademais de pola súa traxectoria literaria”.
O edil contou que “tamén teremos un par de contacontos, tanto o sábado como o domingo, á unha do mediodía. O sábado estará Fátima Fernández e o domingo Caxoto Cativo para darlles presenza aos máis pequenos e que se vaian afeccionando ás feiras do libro. Haberá ademais un taller infantil de manualidades con Conchita Fraga, o venres de seis a oito da tarde na praza da Mariña”.
Díaz lembrou que “este fin de semana temos programado, paralelo á Feira do Libro, a obra Unha noite na praia con Carlos Blanco e Touriñán. Fixémolo coincidir porque non nos parece mala idea que haxa varios eventos o mesmo fin de semana, como xa fixemos coa Feira do Bonito para que a xente teña máis oferta onde elixir”.
O concelleiro de Cultura contou que “haberá varias presentacións ao longo dos tres días de diferentes escritores, moitos deles da Mariña. Ademais teremos unha actividade distinta, que penso que pode resultar moi interesante, que será o sábado ás oito da tarde, e consistirá nun debate titulado O trasno, 30 anos despois. Emilio Legaspi e Manuel Nebril van falarnos do que era esta publicación de fai anos en Burela, en concreto estivo na rúa de 1985 ata 1990, tiña unha tirada mensual e recollía a actualidade política, social e cultual do que entón era o concello de Cervo. Recuperamos estas publicacións a través de Buril, a asociación cultural do pobo que hai poucos meses deixaba a súa actividade despois de moitos anos facendo moitas cousas ben feitas pola cultura en Burela. No seu momento a Deputación de Lugo publicou os números desta revista nun dobre volume, que foi o que nos fixo tomar a decisión de que dous dos responsables desa publicación nos falen dela o próximo sábado”.
José Díaz seguiu a relatar que “na Feira tamén teremos á nosa escritora local Antía Yáñez, que presentará o seu último libro O misterio do Torques de Burela o domingo ás oito da tarde. Pecharemos esta edición de 2019 cun evento musical ás nove e media o domingo, que actuará Crooner 432”.
O edil burelés agarda que “esta Feira do Libro congregue a moita xente este fin de semana en Burela e que se vexa que desde o Concello se lle dá importancia ao libro, e a que os nenos e nenas coñezan o libro a pesares das novas tecnoloxías porque penso que é un formato que debemos seguir coidando. Teremos oito casetas na Feira e quero agradecer a súa presenza aos libreiros que veñen a estar con nós este próximo fin de semana en Burela”.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).