A Coruña, 12 de agosto de 2019. ‘Unha noite na praia’ é o título dunha comedia de dúas personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha Praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un Furancho da aldea.
Na Praia non queda ninguén: só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para a casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.
Escrito e dirixido por Javier Veiga e producido en Galicia por Ainé
Producións, conta co traballo de escenografía de Carlos Alonso, a dirección
técnica de Dani Juncal e a dirección de produción de Javi Lopa, Paco
Abelleira e Álvaro Pérez Becerra.
Burela · Casa da Cultura / 30 e 31 de agosto
Vigo · Teatro Afundación / 6 de setembro
Narón · Pazo da Cultura / 13, 14 e 15 de setembro
Vilagarcía · Auditorio Municipal / 4 e 5 de outubro
A función do sábado 31 de agosto na Casa da Cultura de Burela finalmente
comezará ás 20.30h e non ás 20.00h como se promocionou, por erro da
produtora, os primeiros días de venda de entradas. Efectuada xa a
modificación no portal de venda, lamentamos as molestias co retraso de 30
minutos poida ocasionar.
Máis información sobre horarios, espazos e prezos xa dispoñible na web
www.unhanoitenapraia.gal






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



