Está organizado polo Náutico Bar&Tapas. Neste evento, que comezará ás once da noite, haberá festa de disfraces e estará amenizado coa música dun DJ.

Esta fin de semana dispútanse os encontros das categorías Alevín e Biberón. Os días 7 e 8 de xuño será a quenda dos equipos de Benxamín e Prebenxamín, e rematarán os de Infantil os días 14 e 15 deste mes. Arias destacou o labor que vén realizando o club na promoción do deporte base e felicitounos por alcanzar a vixésima edición deste torneo, “polo que pasaron milleiros de rapaces de equipos procedentes de distintos puntos de España ou Portugal”.
A vítima sofrira feridas moi importantes nunha perna. Finaba a primeira hora deste sábado. Outras 5 persoas atropeladas no sinistro continúan en planta no hospital da Mariña.
Será o sábado, 31 de maio ás 20 h. Participarán a Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo e a Orquestra Clasica de Xove interpretando obras de Vivaldi.
Este xoves 29 de maio, A A.C. Francisco Lanza organizaou a presentación de “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez. Da man de Teresa González Piñeiroa, e do propio autor, xs asistentes descubriron aos poucos pequenas claves da obra que recibiu o Premio Follas NOvas ao mellor libro xuvenil.
O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase de luns a venres nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, todos os días en horario de 9:30 a 14:30 horas. Constará de varias actividades coas que os nenos e nenas poderán aprender mentres se divirten. Tamén se tentará, sempre que o tempo permítao, programar diversas saídas.
A propietaria do establecemento é a francesa Delphine Moyen, que explica: “En un local al estilo parisino y acogedor ofrecemos desayunos y meriendas dulces y salados; tenemos cafés de varias procedencias y también vermús, vinos y cervezas. Además hacemos tartas caseras personalizadas, que por ahora es lo que más nos demandan los clientes; hay que encargarlas con al menos dos días de antelación”.
O Xebra! foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraranse os doce anos cun cartaz cunha pinchada colectiva das socias e os concertos do dúo punk Pladür e o DJ Signora Anido. A entrada do venres será de 2€ para socias e 3€ para non socias, mentres que a do sábado será de 8 e 10 euros, respectivamente. O local abrirá a partir das 22:30 horas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital