Alí tiveron a oportunidade de coñecer o Centro de Emprendemento habilitado nas Antigas Cabalerizas e desfrutaron dunha interesante e didáctica mañá da man de Cabaliño de Pao e Marmeladas A Morena, a quen lles temos que agradecer a gran acollida. Puideron montar a cabalo e coñecer en primeira persoa todos os coidados que requiren a diario estes animais, e tamén participaron nun taller de cociña saudable.
