Viveiro, 28 de agosto de 2019. O Concello de Viveiro acollerá en setembro o IV Ciclo do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela, que leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do Coñecemento”, grazas a un acordo de colaboración entre a USC e este concello.
O programa distribúese ao longo de cinco xornadas nas que se inclúen seminarios sobre temáticas diversas e unha saída de campo, que serán impartidas por docentes da USC; entre as materias que se abordarán neste ciclo figuran o teatro, a biodiversidade e a conservación ou a arte. As clases teóricas impartiranse nas aulas da UNED, situadas nos Claustros de San Francisco; os desprazamentos para a saída de campo realizarase en autobús.
Todas aquelas persoas maiores de 50 anos interesadas en participar neste programa deben cubrir e presentar no rexistro municipal a ficha de inscrición que se lles facilitará na casa do concello. A matrícula é gratuíta e pode realizarse ata o 31 de agosto; o mínimo de alumnos/as para que poidan ser impartidas as clases é de 10 e o máximo é de 28, realizándose a admisión por orde de inscripción.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



