Ribadeo, 18 de setembro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou hoxe que desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente da Xunta, desde o ano 2009, non houbo ningunha inversión na substitución das vellas tubaxes de transporte da auga entre Trabada e Ribadeo. O rexedor dixo que “se isto non é certo, que nos indiquen alto e claro onde houbo asinado un só convenio bilateral como os que ten asinado a moreas con outros concellos e que se publican periodicamente no Diario Oficial de Galicia”. E agarda que a Xunta rectifique a súa actitude con Ribadeo xa que “a tempo están”.
O rexedor dixo: “vexo de novo notas de prensa dos gabinetes de comunicación da Xunta coa clara intención de tratar de desviar a atención da falta de acción e de compromiso de inversión nos Concellos de Trabada e Ribadeo, a conta dos problemas que padecemos desde hai anos co subministro e transporte de auga para consumo humano”.
Suárez Barcia sinalou que “no tocante ao saneamento, por onde agora pretenden desviar a atención, eu quérolles pedir honestamente que deixen de dicir cifras e datos que nin eles mesmos cren. Falan de cifras magníficas de millóns e millóns de euros en canto a depuración, cando esas sumas, son as que a Xunta ten que abonar nos 20 anos que dura a concesión da depuradora que fixo en Vilaselán. Desde o inicio no 2010 ata o remate dentro de 10 anos aproximadamente aló polo ano 2030”.
O alcalde declarou: “o certo é que estamos agradecidos porque quen ideou o sistema foi o goberno bipartito da Xunta. E por suposto que o goberno de Feijóo ten que respectar os acordos asinados e que son firmes. E neste caso, non hai máis”.
Fernando Suárez tamén se referiu hoxe ao abastecemento de auga: “aí si que non saben dicir nada máis. Refírome concretamente á falta de inversións da Xunta na substitución das vellas tubaxes de transporte entre Trabada e Ribadeo, non houbo absolutamente nada desde o ano 2009, data na que Feijóo é presidente da Xunta”.
O rexedor subliñou que “se isto non é certo, que nos indiquen alto e claro onde houbo asinado un só convenio bilateral como os que ten asinado a moreas con outros concellos e que se publican periodicamente no Diario Oficial de Galicia. A cuestión é ¿por qué pretenden desviar o foco de atención? Pois porque non saben que dicir xa. Saben que actuaron e seguen a actuar rematadamente mal, con Ribadeo e con Trabada. Que no seu día (2007-2009) a Xunta de Galicia investise en depuración non quere dicir que se existe unha problemática co servizo de auga non teñan que colaborar tamén, sobre todo porque as competencias na Administración Hidráulica cando sobrepasan o marco municipal e aquí está sobrepasado porque son dous concellos: Ribadeo e Trabada, requiren unha Declaración de Interese é esa declaración tena que realizar a Xunta de Galicia”.
E engadiu: “indo ao práctico… con todo, como rectificar é de sabios, o que lle pedimos unha vez máis ao Presidente da Xunta é que nos escoite e que actúe como actúa con outros Concellos do país, con independencia das siglas. Xa sabemos que a auga e o saneamento son competencias municipais, pero tamén sabemos que se redacan recursos dos veciños no recibo bimestral da auga que van parar directamente á Xunta de Galicia para que esta faga obra pública. E desta, en dez anos, en Ribadeo cero absoluto. Isto é o que queremos que rectifiquen, porque si queren a tempo están”.
P.D. Enlace a parte dos Convenios bilaterais que a Xunta de Galicia ten asinado con Concellos nestes últimos tempos para actuacións de abastecemento e auga e de saneamento. Casualmente non hai ningún en Ribadeo e Trabada.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180302/AnuncioO143-220218-0001_es.html




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



