Viveiro, 25 de setembro de 2019. No día de hoxe celebrouse unha mesa de contratación na que se propuxo a adxudicación para a execución das obras contempladas no Proxecto para a substitución do pavimento deportivo no pavillón municipal de Viveiro, que ten un orzamento de contrata de 134.000,00 €. Inicialmente, estaba previsto realizar a proposta de adxución en agosto; este proceso ralentizouse pola necesidade de informes previos atendendo ás baixas económicas presentadas polas empresas licitadoras.
O proxecto referido xorde ante a necesidade de reposición do pavimento deportivo do polideportivo municipal, que dada a súa antigüidade, tras máis de 20 anos de uso, se atopa estado deficiente.
A actual pista de xogo serve para a práctica de fútbol sala, balonmano e baloncesto; ademais, nela tamén se practican de forma ocasional outros deportes que non requiren marcaxe como, por exemplo, ximnasia rítmica.
A actuación prevista inclúe as seguintes actuacións:
– Retirada do pavimento existente.
– Preparación da soleira base segundo as necesidades do mesmo, incluída a limpeza e o aspirado.
– Subministro e colocación do pavimento deportivo de madeira de haya maciza.
– Marcado de pista deportiva de fútbol sala/balonmano.
– Marcado de pista deportiva de baloncesto.
– Marcado de pista deportiva de voleibol.
– Pintado perimetral e colocación da imaxe corporativa do Concello de Viveiro.
Esta obra, que se inclúe no Plan Único 2019, foi adxudicada por un importe total de 100.500,00 €; dos que 81.914,30 € son asumidos pola Deputación Provincial de Lugo e os 18.585,70 € restantes son abonados polo Concello.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
