Burela, a 17 de setembro de 2019.- O PP de Burela denuncia que o alcalde en funcións segue a facer piruetas circenses para non asumir a súa responsabilidade ante “a parálise funcional” na que se atopa o Concello.
Isto é o que se deduce trala situación tan vergoñenta que se deu no pleno extraordinario do pasado mércores no que, trala convocatoria dos puntos do día entre os que se incluía o de rogos e preguntas por primeira vez dende que o Sr. Llano é alcalde e tralas presións exercidas polo grupo popular, o alcalde en funcións tratou, ante o asombro dos asistentes, de saltarse o devandito punto.
Trala advertencia do portavoz do PP reconduciuse a situación e o rexedor municipal “puido facer gala, unha vez máis, das súas habilidades para escorrer o vulto da súa nula actuación á fronte do municipio burelao”, afirman.
Tal é así que, no turno de rogos o GMP, único grupo da oposición que exerceu a oportunidade de facer unha boa labor fiscalizadora sobre as accións de “goberno”, manifestou a necesidade de que se endereitaran diversas sinais que levan meses torcidas, tanto na Avd. Arcadio Pardiñas como na zona do Campón, preto dos institutos e da zona hospitalaria.
A sorprendente resposta é que “iso xa se revisaba tódolos días e que non había tantas”, restándolle desta forma moita importancia ao feito de que especialmente, na zona do Campón, hai numeroso tráfico estudantil e hospitalario. A día de hoxe, as sinais seguen igual de tortas que hai meses. Se o día de mañá sucede algún percance como consecuencia dunha deficiente sinalización, “o Sr. Llano procurará, como xa ten por costume, botarlle a culpa a outros”, manifestan.
No que respecta ao segundo rogo presentado polo PP relativo ao estado do total abandono no que se atopan os baños do Monte Castelo, a resposta foi máis sorprendente. Segundo manifestou o alcalde en funcións “o que hai que facer no Monte Castelo é unha actuación integral”, polo tanto non pensa reverter a situación de insalubridade dos baños públicos do Monte Castelo ata que dita actuación se leve a cabo, sen aportar ningún tipo de data.




















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



