Mondoñedo, a 19 de outubro de 2019. Os actos de celebración do 800 aniversario da Catedral de Mondoñedo reuniron na cidade episcopal a unha ampla representación de autoridades eclesiásticas, civís e militares, no marco das festas patronais, As San Lucas 2019. Na Casa dos Cóengos, recentemente restaurada, o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, deu a benvida a todos os asistentes, recordou brevemente a historia da Catedral e destacou o proxecto de ampliación do Museo Diocesano e Catedralicio.
Entre as autoridades eclesiásticas que asistiron a estes actos estaban os arcebispos de Santiago de Compostela e Braga e os bispos de Santander, Ourense, Lugo e auxiliar de Santiago. Asistiu tamén o administrador diocesano de Astorga. Entre as autoridades civís, en representación da Xunta estiveron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, directores xerais de Políticas Culturais e Patrimonio Cultural e o delegado territorial en Lugo. Acudiron tamén o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, así como os alcaldes de Foz e A Pastoriza. A representación militar correu a cargo do xeneral comandante da Forza de Protección da Armada en Ferrol, coronel do Tercio Norte en Ferrol e coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo.
Na súa intervención, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, sinalou: «Hoxe celebramos 800 anos de historia e de espiritualidade da nosa Catedral da Asunción tomando como referencia para esta efeméride o comezo do pontificado de Martín I aló polo 1219 que foi quen, ao fin, establece definitivamente a Sé Episcopal en Mondoñedo, que foi o gran impulsor da súa construción e que consagrará a mesma uns anos máis tarde. Moito se podería dicir da súa importancia cultural e do seu peso na historia da nosa benquerida cidade. Estes serán aspectos que, con total seguridade, destacarán agora as persoas que me sucederán no uso da palabra, pero creo que é de xustiza que eu teña, no nome da cidadanía mindoniense, este recoñecemento á súa figura».
Noutro momento da súa intervención, a alcaldesa destacou: «Dende o comezo da súa historia a Catedral foi o centro da vida mindoniense e na actualidade segue a ser o gran referente da cidade. Como alcaldesa de Mondoñedo quero destacar á nosa Catedral como un elemento dinamizador turístico, un faro guía que nos debe levar a estar nun lugar preferente no Camiño de Santiago do Norte, pois, é tamén hai que dicilo, temos a única Catedral que está no Camiño Norte dende Santander, en Cantabria, ata Santiago de Compostela fin de todos os Camiños».
Finalmente, Elena Candia manifestou: «Centro turístico, pero tamén, como debe ser, é centro relixioso de primeiro orde. Pois nela, ademais dos Oficios propios de Catedral e Sé Episcopal, é lugar de actos de gran solemnidade como os da nosa Semana Santa, declarada de Interese Turístico Galego, incluíndo nesta celebración algo tan único como procesionar polo seu interior polas súas amplas e fermosas naves. A nosa Catedral é unha xoia que todos temos a obriga de conservar e promocionar dende o máis profundo respecto ao seu valor Cultural, Turístico e Espiritual. Parabéns ao Cabido e parabéns a toda a Sé Episcopal. Mondoñedo hoxe brilla un pouco máis».





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



