Burela, 1 de outubro de 2019. O Concello recibía nas últimas horas dúas obras realizadas no parque Rosalía de Castro, onde foi remodelada a zona de xogo dos máis pequenos, e na Avenida da Marosa na que se cambiaron once luminarias. O investimento total ascendeu a 10.000 euros procedentes de remanentes do Plan Único da Deputación de Lugo do ano pasado.
O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, explicou que “no día de onte foron entregadas dúas obras que viñan procedentes de fondos de remanentes da Deputación do Plan Único do ano pasado. As obras consistían nunha reparación no parque Rosalía de Castro, no que na zona dos máis pequenos había elementos que estaban deteriorados e incluso algún que non cumpría a normativa vixente para este tipo de parques. Solventáronse todos os problemas, reparouse tamén o solo e algúns elementos estruturais do parque. A contía da obra ascendeu a 7.866,21 euros”.
O edil burelés contou que “outra obra que se acometeu foi o cambio de luminarias na Avenida da Marosa, na estrada que vai desde A Casilla ata a Marosa. Cambiáronse once luminarias que eran de vapor de sodio e que tiñan un consumo e un mantemento que era caro, por outras de tipo led de 60 watios co cal a zona queda moi iluminada e ademais imos conseguir tamén un aforro enerxético, que é un dos obxectivos que estamos tendo desde o equipo de goberno durante toda a lexislatura e esperemos seguir esta con este tipo de actuacións. A obra tiña unha contía de 3.088,77 euros”.
Fernández Rey engadiu que “estamos nesta liña de traballo de intentar o aforro enerxético e cambiar luminarias antigas que teñen un consumo e un mantemento importante. Entramos dentro do Plan Ilumina da Deputación e Burela vai contar cun orzamento en torno a 13.000 euros, que imos acometer en breve, esperemos que cando a Deputación licite esa obra xa poidan acometela. Imos actuar noutras rúas de Burela cambiando luminarias e intentando mellorar tanto iluminación como tamén conseguir un aforro enerxético”.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



