Todos os mariñáns nos estamos xogando moito nestes días. Nada máis e nada menos que o noso benestar e o noso progreso. E non só o noso, senón tamén o dos nosos fillos.
E creo importante que todos os veciños da comarca reflexionemos profundamente con respecto a este asunto.
O que estamos pedindo é que a empresa de aluminio primario poida seguir na nosa comarca. E dános igual que esta empresa sexa Alcoa ou outra distinta. O fundamental é que o aluminio primario se poida seguir elaborando na nosa fábrica. Un metal que se produce a través dun proceso de electrólise que require dun consumo de enerxía moi alto, e que supón aproximadamente o 40% do gasto total empresarial. E para que esta produción sexa posible necesítase un prezo da enerxía equiparable ao doutros países europeos. Un prezo que si era comparable ata fai pouco máis dun ano. Desa parte ata agora non o está sendo. É así de simple. E para facer que o prezo poida ser competitivo o Goberno central, agora en mans do PSOE, ten que establecer os mecanismos necesarios para elo. Elaborar o estatuto das empresas electrointensivas parece ser que vai ser o camiño nesta nova etapa. Así se dixo. Pero ata agora este estatuto non se puxo encima da mesa. Ninguén sabe nada del. Pasan as semanas. E o risco de que a empresa peche é moi alto.
Pero esta empresa do aluminio pechará igual sexa xestionada por Alcoa ou por outro grupo distinto se non se amaña o prezo da enerxía. A cuestión é que este prezo ten que estar entre 35 e 40 euros/MWh e non por encima de 50 euros/MWh como na actualidade.
Isto é o fundamental. Se este prezo competitivo non se alcanza, o aluminio primario non se podería producir independentemente de que esta empresa sexa unha ou outra. E quero reiterar esta cuestión porque é así de claro e así de simple.
Se o prezo é competitivo xa será ou ben Alcoa ou ben outra empresa quen xestione a nosa fábrica. E, repito, se non hai un prezo competitivo, nin a Alcoa nin a ningunha outra empresa lle interesará a nosa fábrica. E nestas circunstancias quen imos perder somos todos os mariñáns.
Por iso, eu pídolles aos representantes do PSOE de Lugo e aos de Galicia que medien co presidente do Goberno. Un presidente que é de todos os españoles, pero que estou seguro de que eles son mellores interlocutores á hora de convencelo.
Porque a axuda que nos ten que dar o Goberno central non é para Alcoa.
A axuda é para toda a comarca da Mariña.
A axuda é para todos nós.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



