Palas de Rei, 19 de novembro de 2019. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que as case 200 axudas que a Xunta de Galicia prevé conceder para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de persoas menores de 35 anos son un incentivo para que outras persoas en circunstancias similares se animen a apostar polo rural para levar adiante o seu proxecto de vida.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá a unha parella de Palas de Rei que foi beneficiara desta liña de incentivos, e que se vén de ampliar cun orzamento de 600.000 euros -tal e como vén de publicar o Diario Oficial de Galicia-, polo que o número de beneficiarios poderá acadar os 200 expedientes, grazas a un investimento total de 1,4 millóns de euros.
A conselleira recordou que o Plan de Vivenda 2018-2021 establece unha liña de incentivos para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes e para menores de 35 anos, á que se destinaron 800.000 euros na convocatoria de 2019 e que agora se incrementa con 600.000 euros máis para atender ás solicitudes xa presentadas e que se descartaron en primeira instancia por esgotamento de crédito.
A razón deste incremento no orzamento débese a que a liña de axudas para a adquisición de vivendas nos cascos históricos rexistrou unha baixa demanda, algo que vén sucedendo con cada nova convocatoria que se lanza, que non sempre son as máis solicitadas pero serven para poñer sobre a mesa posibilidades para os cidadáns. A modo de exemplo, recordou que esta mesma situación deuse coa convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres, que na primeira convocatoria non se superaron as 10; mentres que en 2019 (a terceira convocatoria) concedéronse axudas para actuar en 46 vivendas.
En todo caso, Vázquez Mejuto aclarou que grazas ás axudas a menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes, as persoas solicitantes poden acceder a un 20% do prezo da vivenda cun máximo de ata 10.800 euros, que son un apoio para quen toma a decisión de vivir nun concello do rural e engadiu que non se trata do único incentivo ao que pode acceder, pois esta subvención é compatible coas axudas á rehabilitación, así como coa rebaixa fiscal ‘dedución verde’ no IRPF que a Xunta vén de aprobar e que permitirá bonificar ata un 15% das actuacións en vivendas para mellora da eficiencia enerxética como cambios de fiestras ou melloras de tellados e fachadas.
Aclarou que, no caso de que dita vivenda se sitúe nun centro histórico, o solicitante poderá beneficiarse tamén dunha dedución autonómica na Declaración da Renda, dun 15% a aplicar sobre as cantidades investidas nas obras de rehabilitación executadas, podendo chegar a ser de ata 9.000 euros; mentres que si se sitúa no rural, poderá beneficiarse da rebaixa do imposto pola compra dunha vivenda nunha parroquia galega considerada rural e que supoñen o 94% do territorio galego, como é o caso de Palas de Rei.
Ángeles Vázquez explicou que o departamento que dirixe, a través do IGVS, convocará novamente este tipo de axudas en 2020, así como os incentivos para achegar aos máis novos aos conxuntos históricos e recordou que, seguindo a liña de 2019, se mobilizarán 39 millóns de euros para fomentar a rehabilitación de vivenda en Galicia.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



