Ribadeo, 6 de novembro de 2019. Arrinca esta semana, o 7 de novembro o mes das tapas en Ribadeo. Trátase dunha nova iniciativa ideada por Acisa para o sector hostaleiro na que se dan cita 19 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “cada establecemento escolleu a súa forma de participar, elaborando unha tapa diferente cada dia ou a mesma todos os días e elixiron se participar os dous días, xoves e venres, ou so un deles. Toda a programación do mes poderase encontrar nos 5.000 dípticos que se repartirán nos establecementos participantes para dar toda a información aos clientes. As tapas poden ser gratuítas ou de pago con prezos que oscilan entre 1 e 3 euros”.
Pérez engade que “quixemos darlle total liberdade aos participantes establecendo prezos, nos días de participación e no tipo de tapa a ofrecer; co fin de que esta campaña responda o mellor posible ás necesidades e criterios de cada un deles. Ademais de ter a información nos dípticos e na cartelería cada semana, tamén a través do facebook de Acisa Ribadeo poderase encontrar todos os datos das tapas que se van ofertar, especialmente aquelas que están cualificadas como tapa sorpresa”.
No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 13 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos, El Rincón del Gordo, La Solana, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría e Cayo Coco.
E os venres as tapas poderán degustarse en 17 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco e Malo Será.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, conta que “traballamos dende hai un tempo en organizar unha actividade deste tipo que ven sendo solicitada pola hostalería en moitas ocasións. Cremos que pode ser unha boa forma de revitalizar as tarde noites dos xoves e dos venres, creando así unha oferta de ocio gastronómico e dándolle aos veciños da vila e dos arredores unha boa razón para animarse a saír neste mes de novembro”.
Iriarte sinala que “haberá tapas moi elaboradas, creo que é unha boa forma para que a xente saia, tome o xoves dúas ou tres consumicións acompañadas dunha tapa cada unha, podendo case cear por un prezo mais que asumible e os venres facer boca tomando outro par de tapas e animarse a cear fora. O que pretendemos é dinamizar o sector hostaleiro en novembro”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



