Ribadeo, 1 de novembro de 2019. Constituído en Ribadeo o Pacto Local Contra a Violencia Machista no Camiño do Norte co obxectivo de previr e dar atención a posibles casos de abuso sexual e/ou violencia machista durante o seu paso por este concello.
Desde a Concellería de Igualdade lembraron que “iniciábamos no mes de xullo este proxecto municipal coa finalidade de potenciar a vila de Ribadeo como punto referente do Camiño do Norte na súa dirección a Santiago de Compostela, con especial fincapé en ofrecer un entorno seguro para as mulleres que viaxan soas. Sensibilizar ao conxunto da cidadanía, administracións públicas e entidades privadas sobre a importancia de xerar espazos que favorezan a prevención da violencia sexual nas rutas do Camiño de Santiago, e promover unha imaxe positiva do mesmo”.
Igualdade e CIM sinalaron que “se editou un vídeo froito deste proxecto de divulgación e sensibilización sobre o dereito ás mulleres a un camiño libre de violencias machistas e sobre a opción de viaxar soas no que foron moitas e diversas as voces de mulleres que viaxaron soas que colaboraron na campaña enviándonos notas de voz, mensaxes, e cumprimentando as tarxetas nas oficinas de turismo, albergues e establecementos hostaleiros. O vídeo pódese ver neste enlace: https://youtu.be/Y7vsxFhDmmM”.
E engadiron que “para finalizar deseñouse unha medida de impacto a nivel municipal: un Pacto Local pola Prevención da Violencias Machistas no Camiño. Comprometeuse aos axentes locais do sector comercial e hostaleiro local –hostais, restaurantes, albergues…-, á comunidade educativa e ao tecido cultural nunha proposta de actuación responsable para previr e dar atención ante posibles casos de abuso sexual e/ou violencia machista no Camiño ao seu paso por Ribadeo”.
Desde a Concellaría de Igualdade subliñaron que “a adhesión ao Pacto Local Contra a Violencia Machista no Camiño do Norte comprende diversas medidas de actuación, de información, sensibilización e prevención e de atención por parte dos establecementos hostaleiros, os cales se comprometen a levar a cabo unha serie de medidas para poder formar parte deste Pacto Local. Os establecementos adheridos terán no seu local ademais dun vinilo co logo do proxecto un folleto explicativo, onde se contemplan unha serie de recomendacións do que se debe facer no caso de presenciar unha agresión machista no seu local”.
Este proxecto das áreas de Igualdade, Turismo e Desenvolvemento local do Concello de Ribadeo é unha iniciativa na que traballan da man de 7H Cooperativa Cultural e a Cooperativa Arabías !! A iniciativa conta con apoio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



