Lugo, 5 de novembro. A veciñanza de Lugo ven de participar esta noite nun debate sobre pensións no Centro Uxío Novoneyra da man de Vanessa Somoza, candidata de Galicia En Común pola provincia, e Manuel Lago, economista e deputado do Grupo Parlamentario de En Común.
Somoza, que encabeza a lista ao Congreso pola provincia, recalcou que “temos pensións de miseria: a media das pensións contributivas ronda os 650 euros”. “Todos os partidos falan de reducir o gasto, pero nós dicimos que temos que incrementar os ingresos públicos e ter como prioridade garantir unhas pensións dignas e un sistema de pensións blindado que garanta a todas as persoas levar unha vida digna”. “Os pensionistas que están en loita, pelexando polo futuro de todas e todos nós, son exemplo a seguir”, explicou a candidata por Lugo.
O acto arrancou da man de Begoña Pedrouzo, a número dous polo Congreso de Galicia en Común, que destacou a necesidade de que as persoas que vivan en Galicia “poidan ter unha vida vivible”.
Pola súa banda, o economista e parlamentario Manuel Lago incidía: na provincia de Lugo temos 110.000 mil persoas que viven das pensións, o que significa que unha de cada tres persoas vive do sistema público de pensións. A pensión media en Lugo é de 752 euros, un 32% menor que a do Estado”, explicou Lago.
Ao seu xuízo, outra das características das pensións é a fenda salarial, “as mulleres cobran de media 4.476 euros menos cos homes. É dicir, en 25 anos de pensións pode ser ata 110.000 euros menos cun home”. “O sistema público de pensións é o máis forte sistema de protección social, o instrumento básico de Benestar do Estado. A nosa obriga é defendelo e coidalo”, sinalou.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



