Burela, 14 de novembro de 2019. No Concello de Burela celebrouse hoxe unha charla sobre o uso de desfibriladores á que asistiron persoal municipal e dos clubs deportivos da localidade. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, lembrou que o Concello ten instalados desfibriladores en puntos estratéxicos como a Biblioteca, a Casa do Concello, o pavillón Vista Alegre, o campo de fútbol da Marosa e as praias. Burela conta na actualidade con seis desfibriladores e o edil aposta por ampliar esta cifra en canto sexa posible.
Ramiro Fernández contou que “no día de hoxe no Concello de Burela estivemos facendo unha charla de reciclaxe da formación, tanto para traballadores municipais como para xente dos clubs deportivos de Burela, para volver falar sobre os desfibriladores”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “é unha formación que se debe reciclar de cando en vez e tocábanos agora despois de dous anos. Invitamos tanto a traballadores do Concello como a membros dos clubs deportivos de Burela a que puideran facer esa reciclaxe para telos ben formados en canto ao uso dos desfibriladores porque en calquera momento pódese dar a circunstancia, como tristemente pasou fai pouco, de que hai que botar man deles e hai que saber usalos”.
O edil burelés salientou que “desde o Concello de Burela é unha aposta que fixemos desde que entramos no goberno, entendemos que é un tema moi importante, e así o demostramos. Agora mesmo temos seis desfibriladores activos, en lugares públicos como poden ser a Biblioteca, a Casa do Concello, o pavillón deportivo, o campo de fútbol da Marosa e nas praias. Queremos ter esa opción de ter un desfibrilador neses lugares para que en calquera momento, si se dera a circunstancia de ter que botar man del, telo operativo, ben revisado, ao día en todo o que corresponde e ademais intentar ter ao máximo número de persoas formadas para poder usalo. É unha formación que está dando Camilo Vázquez, a quen teño que agradecer que, sempre que o Concello de Burela o chama, está disposto a colaborar en todo o que se refire a este tema, tanto na formación que está dando hoxe el, como cando participa na Semana do Deporte e incluso cando nos trae aquí, como o último ano, unha demostración á praza do Concello que foi multitudinaria”.
Fernández Rey reiterou que “é un gasto que corresponde facer, nosoutros considerámolo unha inversión. É verdade que son uns cartos que hai que investir, pero penso que merece a pena ter eses desfibriladores en estado de revista e con xente preparada para poder actuar no momento que haxa unha emerxencia, porque se podemos salvar unha vida non hai cartos que o pague. É unha aposta que levamos facendo desde que estamos no equipo de goberno e esperamos poder seguir apostando claramente, e intentar reforzar incluso se podemos con máis a presenza de desfibriladores que poden salvar unha vida en Burela”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



