Ribadeo, 13 de novembro, 2019. O equipo do BeOne que compite en liga Promoción en Asturias caeu derrotado no seu desprazamento á capital asturiana fronte ao Cowper por un resultado de 32-5, pese ao marcador o equipo Tapiego plantou cara e non baixo os brazos en ningún momento do partido, conseguiu de novo anotar un ensaio de dianteira e en defensa traballou moi serio fronte a un equipo moi conjuntado e que por momentos practicou un xogo á man brillante.
Polo momento, por motivos de calendario, os dous primeiros partidos foron fronte aos rivais máis fortes do grupo, Xixón R. C. e Cowper R. C., pola contra nos dous seguintes choques, fronte a Pilier de Grao e Belenos B espérase ver partidos máis igualados a medida que o conxunto do BeOne vai sumando efectivos e conjuntando aos seus xogadores.
O grupo creceu e decidiuse implementar un adestramento de fin de semana nas xornadas nas que non se dispute liga e desta maneira poder adestrar non só técnica, senón engadir unha sesión táctica, que permita afrontar os partidos con maiores garantías. Desde o club agradecen a colaboración que todas as institucións están a brindar, o adestramento do pasado sábado celebrouse no Campo de futbol de Brull e tamén están dispoñibles as instalacións do campamento xuvenil da Devesa para sesións tanto teóricas en sala como prácticas no campo de Futbol 7.
Presentáronse os equipamentos do BeOne Tapia Rugby, confiouse unha vez máis en Deinde, empresa especializada en material específico de Rugby, sendo o Azul a cor do primeiro equipamento e o Negro o da segunda.
No novo equipamento destaca unha vez máis o logo do BeOne como patrocinador principal de toda a actividade que o club desenvolve a ambos os dous lados da ría en todas as súas categorías, e engádense dous novos patrocinadores específicos da vertente asturiana; Kia Asturconsa, que cedeu unha furgoneta en condicións óptimas para os desprazamentos dos diferentes equipos, tanto de maneira interna nos adestramentos como para os partidos. A negociación foi facilitada por Carastur de Tapia de Casariego.
Ence, a papeleira de Navia, que apoiará a división de Rugby Inclusivo potenciando esta sección e facilitando a difusión e a práctica do Rugby neste colectivo.
Loxicamente tamén se pode ver na camiseta o escudo de Tapia de Casariego. A actual corporación apoia desde os seus inicios a actividade, o ano pasado dotou ao Club dun espazo para os seus adestramentos e partidos coa adecuación do campo Principe de Asturias para a práctica do rugby de maneira consensuada coa asociación cultural e deportiva As Poleas, e na presente tempada tamén colaborará co club no seu salto á competición oficial.
Agora mesmo estamos pendentes de confirmar toda a actividade para a próxima fin de semana pois a disputa dos Xogos do Principado está practicamente descartada polo temporal (utilizarase a data de reserva prevista no calendario da FRPA) e aínda non se confirmaron os xogadores que se desprazasen a Rianxo o Domingo para adestrar coa selección Galega Sub16. O que si é seguro é que o equipo Senior adestrará o sábado de novo para preparar o seu encontro do Sabado 16 de Novembro en Grao fronte ao Pilier.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
