A Mariña, venres 8 de novembro 2019. O BNG pechou a súa campaña das eleccións xerais na Mariña, este venres en Burela, na mesma localidade donde o pasado sábado iniciaba a mesma nun multitudinario mítin no que participaban Olalla Rodil e Ana Pontón.
Burela decide dúas veces neste mes de novembro
Na mañá de hoxe, a concelleira burelá Dori González e o portavoz municipal Mario Pillado xunto con membros do BNG local e a candidata ao Congreso Andrea Martíns percorreron as rúas de Burela e o mercado semanal, informando das propostas nacionalistas para esta comarca, que o domingo 10 de novembro xógase unha parte moi importante do seu futuro, do mesmo xeito que Burela, que o seguinte domingo 17 de novembro decide a composición da corporación municipal e a alcaldía para os vindeiros 3 anos e medio, ao repetirense parcialmente as eleccións.
Pesca, infraestruturas, Autoridade Portuaria Propia, Dique Norte, autovía,Tarífa Eléctrica, Feve, dereitos sociais e pensións son puntos destacasos na axenda do BNG para defender A Mariña no Congreso.
A importancia das eleccións xeraís para esta comarca e grandísima, pois os temas que estratéxicamente mais afectan á economía mariñá decídense en Madrid, algo que o BNG leva poñendo enriba da mesa década tras década.
É o caso da pesca, donde sempre son organismos estatais ou europeos os que deciden o que, canto, como e donde debemos pescar en cada momento. Outros temas claves tamén para o desenvolvemento económico e industrial da comarca como a creación de Autoridade Portuaria propia ou a liberalización do Dique Norte de Morás, ou o prezo da enerxía e unha Tarifa Elécrica propia, o estatuto para as electrointensivas, son competencia tamén do goberno do Estado, do mesmo xeito que as infraestruturas nas que A Mariña leva décadas de retraso, coma a autovía Barreiros-San Cibrao inexistente, as estradas N-634 e N-642 obsoletas, ou un FEVE que esmorece.
E tamén os dereitos sociais, coma o caso das pensións, decídense tamén no Estado, e aí a Mariña, ao igual que Galiza está á cola do Estado.
“Nunca as forzas políticas de obediencia estatal foron quen de erguer a voz desta comarca en defensa destas cuestións estratéxicas para o desenvolvemeto da Mariña, por eso é preciso que teñamos voz propia”, afirman desde o BNG.