Viveiro, 2 de novembro, 2019. Fai dous meses aprobouse en pleno a moción do BNG sobre a gravación e a retransmisión das sesións plenarias, unha moción que tamén incluía facilitar a participación das veciñas e veciños a través da creación do “escano da veciñanza”, para que puidesen expresar directamente no pleno as súas queixas, demandas ou propostas en primeira persoa. Si se aprobou a gravación dos plenos, mais rexeitouse o “escano da veciñanza” cos votos en contra do PP e a abstención do resto de partidos políticos que conforman a corporación municipal; PSOE, Por Viveiro e Son Viveiro.
Co obxecto de mellorar o acceso das veciñas e veciños aos debates, preguntaremos no vindeiro pleno ao goberno municipal, en que grao de execución se atopa a posta en marcha do sistema de gravación e retransmisión das sesións plenarias. “Dende o BNG vémolo como unha ferramenta básica para que a veciñanza coñeza e se implique na toma de decisións que lles afectan directamente no seu día a día”, aclara a concelleira Míriam Bermúdez, que expuxo, negociou e debateu esta moción en pleno.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



