A Mariña, 2 de Novembro 2019. En Burela, como poucas horas antes en Lugo, a portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou o mitin para facer un chamamento a todos os galegos e galegas desencantadas e cabreadas cunhas forzas estatais que “xogaron co seu voto” e, ademais, “persistiron na discriminación con Galiza”.
Unha discriminación e ninguneo que teñen un “exemplo de libro” na situación que vive ALCOA por un marco enerxético aprobado polo PP e mantido polo PSOE, que ten en vilo a toda a comarca da Mariña e ao conxunto do provincia de Lugo polo risco que implica para os 2.000 empregos que xera a planta de Cervo.
“Non é de recibo que sendo Galiza produtora excedentaria de electricidade haxa nesta provincia 2.000 postos de traballo en xogo en ALCOA polos custes enerxéticos. Iso é responsabilidade do PP e do PSOE, os primeiros porque foron os autores dunha lexislación que nos levou a esta situación, e os segundos porque a mantiveron. Non é de estrañar se temos en conta quen se senta nos consellos de administración das eléctricas, – Aznar e González-, facéndose ricos mentre en Galiza hai miles de empregos en risco”, denunciou.
Pontón foi moi crítica co ninguneo antes do PP e agora do PSOE, que xa prometera antes do 28A un estatuto para as industrias electrointensivas que nunca chegou. A ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño, “tivo tempo de darse un paseo pola muralla de Lugo nestas visitas de campaña que traen a paracaidistas de Madrid, pero non dixo unha palabra dun estatuto imprescindible para salvar miles de empregos no sector industrial galego, e para o fututo da Mariña”.
“Un auténtico espolio do que tamén é culpable o señorito dos peares, -ironizo-, polo seu veto constante a tarifa eléctrica galega”. Por iso, declarou, “hoxe queremos deixar aquí un compromiso moi claro: que imos usar os escanos, a representación do BNG no Congreso para defender os 2.000 empregos de ALCOA, para defender unha tarifa electrointensiva e unha tarifa eléctrica propia. Ninguén máis nestas eleccións pode comprometerse a iso. Polo tanto, exerzamos como galegos e como galegas collendo a papeleta do Bloque Nacionalista Galego o 10N”, demandou.
A situación de ALCOA non é a única discriminación coa provincia, nin coa Mariaña. Pontón fixo referencia ao déficit das infraestruturas, en particular ferroviarias, “todo mundo sabe a dificultade de desprazarse por tren oa longo da cornisa de Lugo cun traxeco Ribadeo-Ferrol que agoniza baixo o abandono dun Goberno central que non aposta pola modernización das vías e dos trens, que non aposta por dar un servizo de calidade, competitivo en horarios e tarifas”.
Sumou tamén outros vellos agravios con Lugo, como os 30 anos de retraso na contrución da autovía Lugo-Santiago ou a demanda sen atender do xulgado específico de violencia machista. “A Mariña e toda a provincia de Lugo teñen que facerse ouvir no Estado, da man da única deputada sen atadaduras a Madrid: Olalla Rodil”, concluíu.
Comarca viva e unida
A cabeza de lista da candidatura do BNG ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, comezou a súa intervención parabenizando o carácter reivindicativo “dunha comarca viva, unida”. “Demostrástelo infinitas veces. Mobilizándovos pola sanidade pública, contra o desmantelamento do Hospital da Costa e acompañando cada día na rúa aos traballadores de Alcoa”.
“Mañá temos unha data importante, na que estou convencida de que todas e todos acudiremos a mobilización convocada polo comité de empresa da factoría en Viveiro. Non podemos permitir que unha factoría que depende da enerxía que producimos neste país teña 2.000 postos de traballo pendentes dun fío polo prezo da luz”, continuou Rodil que sinalou os responsables políticas da situación. “O PP e o PSOE.
Nin unha soa persoa das catro elixidas pola provincia de Lugo ou das vintetrés elixidas no conxunto ergueu a voz nin unha soa vez para decir que calquera acordo político, calquera acordo de goberno, tiña que estar ligado ao mantemento dos postos do traballo en factorías como en Alcoa. Que defendera o dereito dos galegos e das galegas a beneficiarse da produción enerxética que temos no noso país”, apuntou.
Sector pesqueiro
“A decisión máis importante que temos que tomar este 10 de novembro é se queremos seguir mirando o que outros deciden por nós ou tomar as rendas da nosa propia vida. Converter Galiza nun actor da política do Estado. Como país, con voz e voto, con capacidade para intervir e condicionar os debates para situar na axenda política os nosos dereitos e intereses, os problemas que levan décadas lastrando o noso desenvolvemento”, expuxo a candidata nacionalista que sinalou o deficit de infraestruturas da comarca e as dificultades do sector pesqueiro.
“Ribadeo é un faro que ilumina a toda a Mariña, xa conquistamos Barreiros, e agora temos que seguir sumando concellos nacionalista a esta comarca como o de Burela”, animou Olalla Rodil que instou a militantes e simpatizantes a “petar en cada porta para que non quede nin unha soa persoa na comarca que non coñeza a alternativa política do BNG”. “Saíde á rúa, coa cabeza ben alta, orgullosas de que neste país hai un proxecto político que non nos serve só para facernos valer, que non serve só para nos defender, senon que nos serve tamén para conquistar o futuro”, concluí.
















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



