Lugo, 2 de novembro de 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada dos candidatos ao Congreso e ao Senado, Ana Prieto e Cesar Mogo, mantiveron unha animada xuntanza organizada polas Xuventudes Socialistas, na que presentaron o programa electoral á mocidade lucense.
Os candidatos remarcaron que o PSOE é a única opción que permite un goberno estable e de progreso neste pais. “Traballaremos para acadar un Plan Nacional de Fomento da Emancipación Xuvenil co fin de facilitar o acceso asequible á vivenda; potenciaremos as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas); impulsaremos o desenvolvemento do Plan Estratéxico de Formación Profesional para adaptada ás necesidades do mercado laboral actual”
O programa do PSOE tamén inclúe “o emprendimento e o traballo autónomo das e os mozos, con especial atención ás zonas máis despooboadas; o acceso da mocidade ás actividades agrarias e gandeiras para facilitar a substitución xeracional nas explotacións e plans especiais de emprego en zonas que conten cunha situación de baixa taxa de emprego e que sufran especialmente depoboamento”.
Especial fincapé fixeron os candidatos nas propostas relacionadas coa Educación, un piar básico de programa do PSOE. “Durante os primeiros seis meses impulsaremos unha nova Lei Básica de Educación que derrogue a LOMCE; estableceremos a universalización e a gratuidade da educación infantil para nenos e nenas menores de 3 anos; revisaremos o sistema de becas; promoveremos una FP contemporánea, e propoñemos unha ambiciosa Estratexia de Dixitalización da Educación”, por citar algun exemplo.
A folla ruta do PSOE inclúe “un novo modelo de escola rural e fortalecemento da Orientación Escolar, ademais de asegurar a igualdade de oportunidades no acceso á educación universitaria, incrementando a dotación do sistema de becas e axudas ao estudo, reducindo o efecto dos limiares de renda e asegurando unhas cuantías que permitan aos mellores estudantes estudar onde escollan. Tamén impulsaremos un pacto pola universidade”.
“Pedro Sánchez ten que ser o vindeiro Presidente para que as mozas e mozos deste país poidan ter unha educación pública de calidade, para que os nosos maiores poidan ter unha pensión digna, para que poidamos ter unha vivenda accesible. Pero ante todo, Pedro Sanchez ten que ser Presidente do Goberno para que a xenofobia e os populismos da dereita non gobernen este país”, sinalan.
“As mozas e mozos tedes que ser os auténticos movilizadores desta campaña electoral. Agora estamos a dous pasos de rematar o bloqueo e poder ter un Goberno forte, progesista e estable. Porque o futuro deste país é imparable, por iso hai que apoiar e votar a Pedro Sánchez”, explican os candidatos.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



