Lugo, 2 de novembro, 2019. O PP chama aos mozos da provincia a votar a Pablo Casado para reactivar o emprego e frear a regresión económica do PSOE. Foi durante o encontro organizado en Doade por Novas Xeracións da provincia que preside a candidata ao Senado, Rosa Arza, e no que participaron a presidenta provincial, Elena Candia, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e os cabezas de lista ás Cámaras Alta e Baixa, José Manuel Barreiro e Jaime De Olano, respectivamente, e o número 2 ao Congreso, Joaquín García Díez.
Elena Candia trasladou aos mozos participantes que a formación popular “é a única que en un proxecto claro para o emprendemento e, en consecuencia, para o emprego”. Proba delo, continuou Jaime De Olano, é que o presidente Pablo Casado se comprometeu, por exemplo, a que se goberna en España, se poida crear unha empresa en tan só cinco días. “Solo el PP ha puesto encima de la mesa una iniciativa similar, una autopista administrativa que permitirá agilizar los trámites burocráticos a quienes queráis montar un negocio o empezar una carrera como empresarios. Esto es el claro ejemplo de que en el Partido Popular cuando gobernamos lo hacemos pensando en el empleo y no como el PSOE que lo único que ha demostrado ser en esta provincia es una máquina destructora de puestos de trabajo. Aunque estemos en Doade, pero seguro que la situación de Alcoa o Endesa no os es ajena. Esta es la prueba fehaciente de que la mejor opción para garantizar una perspectiva económica de futuro a los jóvenes es votar al Partido Popular”. E é que, engadiu, con el gobierno de Pedro Sánchez la creación de empresas ha caído un 23% y ha aumentado en un 73% las que se han disuelto”, sinalou o cabeza de lista ao Congreso. Así mesmo, De Olano aproveitou a visita á Ribeira Sacra para recordar que “aquí tenemos un ministro socialista de Agricultura ausente, sin agenda. Mientras que en otra regiones se han suprimido los aranceles del vino, aquí seguimos esperando”, criticou.
Na mesma liña, José Manuel Barreiro explicou aos asistentes que “se atopa moi preocupado” polos datos económicos que afloran e que reflicten unha situación que se pode agravar aínda máis se segue o Partido Socialista na Moncloa. “Se mala foi a xestión de Zapatero, pero é a de Pedro Sánchez. O primeiro negou a crise ata a saciedade; o segundo, ten sumido ao país e a esta provincia en particular nunha incertidume sen precedentes”. Por iso, engadiu, co PP no Goberno, a este país sempre lle foi ben”. E é que, “mentras un dos logros do Goberno de Rajoy foi sacar a España da crise e recuperar os datos o emprego; o logro do Goberno de Pedro Sánchez e non facer nada para que periguen os postos de traballo da pouca industria que temos en Lugo”.
Fronte a esta dinámica regresiva do sistema económico nacional, Barreiro defendeu “o modelo Feijóo, quen ten demostrado -aí están os datos da última EPA- que Galicia medra e lidera a creación de emprego no país”. Precisamente, o propio conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou, como dato significativo e clarificador da afirmación realizada polo cabeza de lista ao Senado, que, no que vai de lexislatura, se crearon en Galicia, segundo apunta o Instituto Galego de Estatística, 1.179 empresas.
2 experiencias de éxito
Durante o acto, moderado pola presidenta de NNXX da provincia e candidata ao Senado, Rosa Arza, dous emprendedores expuxeron a súa experiencia. Trátase de Sandra Macía. Esta rapaza, de 35 anos, rexenta a adega de Quiroga de tradición familiar centenaria EDV 2015 SL, e que nace para dar continuidade e valor a esa tradición, respectando ao máximo o contorno e o viñedo, así como a elaboración artesanal sen deixar de lado os novos sistemas de elaboración. Isto fai, precisamente, que estean obtendo uns viños alta calidade con gran recoñecemento a nivel internacional.
Parten como base esencial dunha materia prima excepcional producida por eles no 95%. Tal é así que este ano veñen de recibir a medalla de ouro a un dos seus viños no concurso mundial de Viños Extremos de Aosta, en Italia. É, ademais, a primeira adega da DO Ribeira Sacra en facer a 1ª vendima nocturna da historia desta denominación, e na que as prantas foron sometidas a 100 horas de luz de forma ininterrompida antes da colleita. Esta circunstancia fai que sexa unha adega única en Europa.
Gonzalo Herrero, de 34 anos, é o propietario da escuela especializada en música moderna. Situada en Monforte de Lemos, conta con concesión de Rockschool; unha das casas máis importantes do mundo en titulacións musicais desta disciplina. Rockschool está presente en más de 40 países. En España ten 100 centros en todo el país. É un sistema gradual e desenvolvido polos mellores músicos de Europa que abarca dende pop a jazz, blues, rock, heavy ou música latina. O grao máis alto é un universitario -licenciatura británica pero integrada no plan Bolognia-, polo que é unha titulación homologada e internacional. Consta de 14 años de formación e ten dúas especialidades profesionais; ensinanza ou interpretación. Na actualidade, encabezan a lista dos mellores centros de España por calidade e instalacións. Contan co máis alto índice de aprobados: un 98%.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



