Lugo, 15 de novembro de 2019. O grupo provincial do PP defenderá na próxima sesión plenaria da Deputación unha moción para que a institución inclúa nos seus orzamentos para 2020 unha partida finalista para licitación e urbanización do parque empresarial de Vilarín no Concello de Riotorto. Nestes momentos hai empresas locais dispostas a adquirir parcelas neste parque empresarial, como se puxo de manifesto na reunión que para abordar este asunto mantiveron recentemente a voceira do grupo popular, Elena Candia, e o deputado José Antonio García co alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias.
A voceira provincial do Partido Popular, Elena Candia, recorda que a promoción deste desenvolvemento de solo industrial correspondeu no seu momento á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (SUPLUSA). Os compromisos adquirido pola Sociedade son vinculantes para o organismo provincial unha vez que Suplusa está en proceso de liquidación. Segundo se expón no texto da moción, «os trámites administrativos para dito polígono industrial comezaron en agosto do ano 2015 cando o Concello presentou e tramitou o necesario Plan Especial». A día de hoxe, o Concello de Riotorto dispón dos informes sectoriais e legais precisos para a creación do parque empresarial.
O proceso de tramitación administrativa finalizou o 12 de novembro de 2019, coa aprobación definitiva, pola Xunta de Goberno do Concello, do proxecto de urbanización do parque empresarial Vilarín de Riotorto, que ten un orzamento de 402.250,48 euros. A posta en servizo do polígono axudará a dinamización económica de Riotorto.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



