Lugo,28 de novembro de 2019. A Deputación de Lugo organiza o VIII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos que se celebrará no Pazo de San Marcos o 3 de decembro. Unha xornada que este ano leva por nome A reforma do réxime local en Galicia. A planta local, e que busca expoñer diferentes perspectivas sobre a organización das entidades locais.
Nesta xornada, que acollerá o salón de actos da Deputación durante toda a mañá, haberá tres relatorios. Despois da apertura oficial, a primeira será Os Gobernos locais intermedios: presente e futuro das Deputacións Provinciais. Dereito Comparado, que impartirá Serafín Pazos Vidal, responsable de Política Europea da Convención Escocesa de Autoridades Locais. A segunda versará sobre A planta municipal: o problema do pequeno concello. Fusión/supresión e outras alternativas. Análise das experiencias europeas, que dará Fernando López Ramón, catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Zaragoza. E a terceira e última, será a que leva por nome O Concello como institución dinamizadora da localidade. O rol das cabeceiras de comarca, a cargo de Santiago Lago Peñas, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
O encontro vai dirixido sobre todo a empregados públicos e representantes institucionais das administracións locais. Arrancará ás 9:30 horas coa recepción dos asistentes e rematará ás 14:15 horas.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



