Lugo, 31 de decembro. A Deputación de Lugo insta á Xunta de Galiza a derrogar o decreto para o plurilingüismo, que marca a política lingüística no ensino non universitario desde a chegada de Nuñez Feijóo ao goberno galego.
Así o recolle a moción impulsada polo BNG e aprobada este martes no pleno provincial, que dá eco ao último informe do Comité de Expertos do Consello de Europa en relación coa Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.
A proposta, que tivo os votos en contra do Partido Popular, refrenda o apoio da Deputación Provincial de Lugo ás recomendacións recollidas nese documento de avaliación emitido o pasado 11 de decembro e insta á Xunta de Galiza e ao goberno do Estado a avanzar no seu cumprimento.
O informe fai fincapé na necesidade de modificar a Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso das linguas cooficiais nos procedementos xudiciais a pedimento dunha das partes, de
mellorar o uso das linguas cooficiais na administración do Estado nas Comunidades Autónomas e a eliminar as limitacións do ensino en galego en Galiza
No seu artigo 8, a Carta Europea, que España subscribiu en 2001, compromete as autoridades a ofrecer unha liña de educación preescolar e de ensino primario, secundario, técnico e universitario en lingua galega.
En contra diso, a normativa sobre o uso do galego no ensino vixente no noso país desde 2010 restrinxe o suo do idioma propio a un máximo do 50% do currículo, excluíndoo totalmente de materias como as matemáticas, a física e a química.
O voceiro do BNG, Efrén Castro, incidiu nas nefastas consecuencias que a política linguística do goberno de Núñez Feijóo está a ter sobre a evolución do coñecemento e o uso da lingua galega entre a poboación infantil e na mocidade.
“Por primeira vez na historia hai nenas e nenos en Galiza que non falan nin entenden o galego. Ese é o resultado de dez anos de política linguística do Partido Popular”, remarcou o deputado nacionalista que rebateu os argumentos dos representantes do Partido Popular.
En liña co manifestado por representes institucionais da Xunta de Galiza, o deputado popular Agustín Baamonde cuestionou o informe emitido polos expertos europeos.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



