Mondoñedo, a 20 de decembro de 2019. A renovación das infraestruturas e dos servizos públicos é unha condición indispensable para a mellora da calidade de vida dos veciños. Esa renovación ten que facerse baixo a premisa da eficiencia, do aforro enerxético e da redución da contaminación nas súas distintas vertentes. Iso é o que se vai conseguir coa renovación dos alumeados públicos exteriores nas parroquias mindonienses de Masma, Santa María Maior e Os Remedios. Esta iniciativa forma parte dun proxecto compartido cos concellos de Trabada e Riotorto para a mellora da eficiencia enerxética, cuxa execución está subvencionada polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica. Os traballos nas citadas parroquias de Mondoñedo comezarán na próxima semana, segundo as previsións da alcaldesa, Elena Candia.
O proxecto a executar en Mondoñedo supón a instalación de 350 puntos de luz, controlados mediante 22 cadros eléctricos.
A presidenta da corporación municipal recorda que o proxecto de mellora do alumeado para as tres parroquias ascende a 95.078 euros. Do importe total, o Concello mindoniense aporta 19.015 euros e a subvención concedida polo IDAE é de 76.062 euros.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



