
dav
Mondoñedo, 6 de decembro, 2019. Este sábado terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial a presentación da nova Guía do Comercio Local de Mondoñedo realizada grazas ao traballo conxunto do Concello de Mondoñedo e da ACIAM.
Nesta guía recóllense os negocios de Mondoñedo co fin de dalos a coñecer entre os/as veciños/-as para que todos podan coñecer e valorar o propio.
Mondoñedo aposta pola potenciación do comercio de proximidade, polas actividades locais e polos negocios da veciñanza, de aí esta novo instrumento que agora sae á luz.
Trátase dun listado con máis de 300 negocios mindonienses que apostan pola nosa cidade e polos nosos produtos.
Dende o Concello de Mondoñedo e a ACIAM convidamos á cidadanía que veña a coñecela neste acto de presentación da mesma.
No acto de presentación estarán presentes a Alcaldesa de Mondoñedo Dna. Elena Candia López e o presidente da ACIAM, D. Ángel José Marful Castañal