Ribadeo, 23 de decembro de 2019. Os alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a ACISA Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio da nosa vila.
O presidente de ACISA Francisco Iriarte dixo: “estamos moi contentos de que os nen@s tan xoves de Ribadeo sexan conscientes da importancia que ten o comercio local, das súas vantaxes, e de que prefiran mercar na vila que por internet. E por suposto quero agradecerlles este traballo audiovisual, xa que creo que nós non puidéramos ter deseñado unha campaña de concienciación mellor que esta”.
O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez indicou: “temos que destacar que foi unha iniciativa deles e estamos moi agradecidos por elo. O audio e un dos vídeos fala da importancia que ten mercar na vila, os beneficios comúns que xera, as diferenzas con mercar por internet, as vantaxes de comprar en Ribadeo podendo ulir, tocar e probar os produtos, a calidade dos mesmos, as garantías…. No outro dos vídeos agradecen a colaboración prestada polo comercio para elaborar unha cesta especial que sortean para recadar fondos para unha excursión, tamén feito por eles.”
Iriarte engadiu: “é moi grato ver como uns pícaros tan pequenos de motu propio son tan agradecidos e son conscientes do esforzo dos comercios cando colaboran con estas actividades”. Os vídeos poden verse na web do centro educativo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz/node/1338
Segue a programación de Nadal
Tras a apertura onte domingo de RibaXogo, que continua cunha gran cantidade de actividades, e o éxito que está a ter a entrega de rifas para a IX Festa do Comercio, este xoves, 26 de decembro, as 18:00 horas no Teatro de Ribadeo, ACISA en colaboración co seu asociado Kids&Us, levarán a cabo unha pequena obra teatral, StoryTime: The Elf´s Inventions, para nenos e nenas de todas as idades.
Francisco Iriarte subliñou que “a entrada é gratuíta. Animamos a todos os pícaros a pasar un anaco da súa tarde vendo esta interesante obra de teatro; é de duración breve polo que poden ir vela e despois ir xogar a RibaXogo. Cremos que é unha boa forma de completar a variada oferta lúdica que presenta Ribadeo neste Nadal.”
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



