Lugo, a 31 de decembro de 2019. O goberno bipartido da Deputación (PSOE-BNG) rexeitou na sesión plenaria de hoxe a proposta do Grupo Provincial Popular para deixar en suspenso a decisión de trasladar aos traballadores de Suplusa, sociedade pública dependente da Deputación en proceso de liquidación, a Tragsa. Os traballadores seguiron o pleno desde unha das tribunas do salón de sesións e foron expulsados polo presidente, José Tomé, cando expresaron a súa disconformidade coa decisión de incorporalos a Tragsa, sen previa información da toma de tal medida.
A proposta popular foi defendida por José Antonio García. Mostrouse moi crítico co modo de actuar do goberno provincial neste asunto: «O que fixo neste Nadal foi enganarnos a todos, aos traballadores os primeiros. A iso se dedicaron vostedes, porque o que fixeron foi un atropelo incumprindo todo o que dixeron». Engadiu: «Dá moita tristura escoitar que cando goberna a esquerda goberna pensando nas persoas; e eu digo que será nas súas propias persoas, porque non pensaron moito nos 20 traballadores que levan vinte anos en Suplusa; moita pena non lles deben dar».
García tachou de «esperpento» o que leva feito o goberno provincial en pouco máis de catro meses en Suplusa. Nesta liña, dixo: «Empezaron anunciando un acordo de goberno no que ía incluída a liquidación de Suplusa, empresa pública 100% luguesa, de funcionamento exemplar». Tivo duras palabras para os deputados do Bloque: «Señores do BNG, vostedes que defenden o emprego público agora apoian a compra [dunha acción] do que dicían que era o maior chiringuito de España, Tragsa; vostedes, os que ían adelgazar a Deputación de Lugo, os que dan exemplo de progresismo, o que acaban de facer en catro meses é tomarlle o pelo a toda a provincia e de xeito máis duro aos traballadores de Suplusa. Nin adelgazan nin modernizan nada, porque ao que lle chaman modernizar é contratar a Tragsa, da que vostedes din, noutros sitios, que é un chiringuito». García asegurou: «Destinan máis de 400.000 euros para pouco máis de seis meses; de adelgazar nada, engordan, como engordaron o custo deste goberno, que é o máis caro da Deputación na democracia».
Para José Antonio García, o verdadeiro «problema de Suplusa era a lea enorme que tiñan no PSOE». Lembrou palabras do presidente da Deputación para poñelas en contraste coa realidade: «Agardamos, dicía o goberno provincial, que na liquidación de Suplusa haxa consenso, transparencia e información, e resultou que nin tiveron a dignidade de falar cos traballadores; é penoso velos lendo o seu futuro nos periódicos». «Fixeron actuacións totalmente intolerables», concluíu García




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



