Conta Ramón Canosa que nos anos finais do XIX as compañías de teatro que se achegaban a Viveiro representaban as súas obras nun estreito local ao carón da Porta de Vila e que daquela era coñecido popularmente como “o caixón dos figos”. Seica tiña un andar de palcos e mesmo un reservado “privado da visión ao exterior con barrotiños separados, ao fin de ocultar—dinos Canosa–aos espectadores con loito recente”. A tarifa era máis alta que o resto e aínda que se pretendía denominalo “palco reservado” , o certo é que popularmente foi coñecido como “a gaiola dos loros”. Organizábanse tamén neste local os bailes de Entroido e proxectáronse nel as primeiras películas de cine mudo “con explicador”.
Mais volvendo ao fío do centenario que dá pé a este artigo e saíndo deste flash-back do “caixon dos figos”, entramos nos anos nos que o Teatro Pastor Díaz permaneceu sen actividade debido ás obras de rehabilitación, do 1995 ao 2001. Curiosamente foi neste mesmo local, que se mantivo aberto até o ano 99 como Café Bar Chipe onde, a finais do século XX e xa rexentado por Dores García e Xesús Cobelo, a Agrupación Cultural Sementeira programou sesións de teatro en pequeno formato, actuacións musicais e de contacontos. Miren por onde o teatro volveu, un século despois, á cabeceira da Feira ou, se o prefiren, á rúa García Dóriga.
Facendo memoria das obras, actores, actrices, músicas e magos que pasaron polo Chipe durante estes anos tería que citar, entre outras, a Carlos Blanco, coa A histeria de Lili Brow; a Evaristo Calvo e Victor Mosqueira, os Mofa e Befa, para ser exactos que chegaban do serrín do circo, da fumaza do cabaret e do claroscuro do cinema mudo; ao grande Roberto Vidal Bolaño, Oe, oe, oe, Sen ir máis lonxe; a Quico Cadaval, rescatando as historias que se contaban nos velorios e nas tabernas; a Pilar Pereira, a Josito Porto co Nano de Suso de Toro, a César Goldi, Luis Tosar e Piti Sanz con The Magical Brothers, a Patricia Vázquez con Carlos Blanco en Chapa e pintura, a Cándido Pazó coas súas historias, ou ao arxentino Campanari con Seres urbanos, pero non tanto. E tamén a música de Suka, os venezuelanos de Mérida; as cancións de Suso Vaamonde; A caricia da serpe de Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara e Saqués; ou a maxia de cerca do noso amigo Antón López.
Coido que é de xustiza reseñar, nesta segunda entrega, a programación da Agrupación Cultural Sementeira naqueles anos nos que o edificio do Teatro estivo pechado por obras. Actividades todas por certo, desenvolvidas sen axuda institucional, mantidas exclusivamente coa aportación económica que facían as persoas que asistían a estes espectáculos e contando sempre coa colaboración de Lola e Xuxo. Que se saiba.
Agora que o Teatro Pastor Díaz segue felizmente a súa andaina camiño do segundo centenario, cumpre—como escribín no anterior artigo—dotalo de máis servizos. E un deles podería ser o recuperar a sala do primeiro andar e dedicala a actividades arredor do teatro: cursiños, conferencias e mesmo lugar de encontro para que se alguén se atopa con folgos, crie e manteña un grupo de teatro amador.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



