Ribadeo, 31 de xaneiro de 2020. Remata hoxe en Ribadeo a xuntanza formativa do proxecto europeo Inclusión e Empregabilidade mediante a Tecnoloxía do Vehículo Eléctrico, que coordina APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). A responsable do proxecto, Beatriz Fernández, fai un balance moi positivo das xornadas de traballo desenvolvidas en Ribadeo e que terán continuidade en marzo en Italia. Preto de 30 profesores de sete países se deron cita no centro Pedro Murias, procedentes de Romania, Lituania, Italia, Portugal, Turquia, Croacia e diferentes puntos de España. Ademais da actividade formativa tamén aproveitaron para coñecer distintos puntos da Mariña como Ribadeo ou Mondoñedo, e de Asturias como Taramundi. Todos quedaron sorprendidos coa gastronomía, coa beleza paisaxística e co trato da xente e moitos xa están pensando en vir de vacacións.
Beatriz Fernández dixo que “o balance é moi positivo porque todos acadamos os coñecementos que eran necesarios para desenvolver agora a nosa tarefa tanto sobre as conexións Passthur como sobre o deseño e a impresión de modelos 3D para poder aplicar nos elementos do vehículo eléctrico que estamos a traballar. A colaboración do profesorado tamén foi excepcional e a implicación de todos os compañeiros doutros países tamén así que o balance sempre é positivo”.
A responsable deste proxecto europeo, coordinado por Apaga, comentou que “para os participantes foi unha sorpresa descubrir toda a comarca da Mariña. Non tiñan nin idea da riqueza cultural, gastronómica e arquitectónica que ten esta zona, así que as visitas culturais que se organizaron pola tarde, tanto aquí en Ribadeo como na zona de Mondoñedo ou onte, por exemplo, que acudimos a Taramundi, para eles foron sorpresas moi gratas. Quedaron fascinados por todo este entorno natural que descubriron e, sobre todo, do trato coa xente, da calidez da xente, como os recibiu, como compartiron con eles todas as experiencias, os coñecementos que foron adquirindo ao longo dos anos de vivir nestas terras. A maioría están dispostos a volver aquí, a compartir polo mundo adiante a boa experiencia que tiveron aquí, e esperamos que así sexa, que nun futuro inmediato regresen aquí non soamente para vir a traballar senón para disfrutar da comarca”.
Beatriz Fernández anunciou que “a vindeira xuntanza imos facela no mes de marzo, na segunda ou terceira semana de marzo, será na zona de Brescia, en Italia. Alí esperamos reunirnos xa os equipos ao completo, así que para entón empezaremos traballar dende agora, para seguir mellorando nos contidos deste proxecto que esperamos que chegue a bo porto a finais de 2021”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



