Ribadeo, 09 de xaneiro, 2020. O Grupo Municipal do PP de Ribadeo veise na obriga de criticar publicamente, unha vez máis, a xestión do Goberno local no que as infraestruturas viarias de Concello se refire. Ao igual que en días pasados demandou actuacións urxentes na estrada dos Garitos, hoxe o voceiro Daniel Vega desprazouse ata Ove, onde a estrada presenta un firme notablemente deteriorado que, sumado ás fochancas existentes, constitúe un risco para os usuarios da mesma.
É, por este motivo, polo que dende este Grupo consideran “prioritario” que a entidade local ten que actuar “con celeridade” neste vial. Asemade, Daniel Vega, e en aras de facer unha oposición construtiva e útil aos ribadenses, demanda ao equipo de goberno “unha planificación concreta respecto da mellora das vía municipais e non baixo improvisacións ou ao azar”.
“Que o Concello ten que arranxar esta vía non é algo que diga o Partido Popular. É algo que demandan os veciños. Como membros da Corporación o que pedimos é que os nosos dirixentes cumpran coa súa responsabilidade, que non é outra que a de dotar ao municipio de servizos e manter os existentes en boas condicións”, afirma Vega.
Os populares recollen así “o sentir” da veciñanza, trasladando ao Goberno local esta petición que agardan, di o voceiro do PP, “se materialice no menor tempo posible, xa que, do contrario, o seu deterioro será cada vez maior e as posibilidades de que se produzan saídas de vía ou incluso danos nos vehículos, tamén aumentarán”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



