Xove, 14 de xaneiro de 2020. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai aproximadamente mes e medio unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha concedéronse tres premios.
Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
O Concello pretende con este Concurso potenciar a participación e creatividade dos rapaces.
Os/as premiados/as no Concurso, foron:
1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : Hugo Pita Rodríguez.
2º : Erik Gradaille González.
3º : David Burgos Peloche.
2º.- Categoría 1º E 2º De Primaria:
1º : Carla Rey Vale
2º : Paula Pérez Teijeira.
3º : Blanca Casariego Mariño.
3º.- Categoría 3º E 4º De Primaria:
1º : Aroa Pita Rodríguez.
2º : Carlota Eijo Rodríguez.
3º : Paula Sánchez Pernas.
4º.- Categoría 5º E 6º De Primaria:
1º : Diana Maseda Rivas.
2º : Uxía Gradaille Durán.
3º : Andrea Eijo Rodríguez.
5º.- Categoría 1º A 4 º De Eso:
1º : Soukaina Adourou
2º : Xenxo Salgueiro Franco.
3º : Alicia Fernández Vicente.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



