
DCIM100MEDIADJI_0054.JPG
Foz, 14 de febreiro, 2020. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Foz organiza co gallo do día dos humedais a exposición Galiza Conservando a Natureza. Diante do interese amosado po la sua visita, amplíase o período de exhibición até o vindeiro 26 de Febreiro. Nesta exposición presentase ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies. Entre o 27 de xaneiro e agora o 26 de febreiro no CENIMA, as visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados en Galiza, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental.