Lugo, 4 de febreiro de 2020. A Deputación de Lugo colabora un ano máis na organización e celebración dos campionatos internacionais de baristas que impulsa o IES de Foz coa emisión en directo, por streaming, dos eventos, do que se ocupará o Centro de Formación Audiovisual, e tamén cunha achega económica de 3.000€. Así o anunciou a voceira provincial socialista e Deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, que, acompañados do Alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do director do IES de Foz, Nicolás Asensio, presentaron este martes no Centro de Formación Audiovisual da Deputación esta nova colaboración cos XIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o I Campionato Internacional de Catas de Cafés de Profesionais que se celebrarán no centro educativo focense a vindeira semana, entre o mércores e o venres.
No acto, as alumnas Perla Daniela Sención, que representará á Escola de Hostalaría focense no Campionato de Baristas, e Iria Pardo, no de Catas, prepararon unha degustación de cafés para os asistentes, e demostraron o gran nivel formativo deste centro focense.
O alumnado de segundo de Realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, será o encargado da emisión por streaming dos campionatos, nos que participarán 13 Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León, e 14 profesionais do sector que, por primeira vez, competirán na cata de cafés. As competicións poderán seguirse en directo a través de Youtube.
Frutífera colaboración
A voceira do Goberno e Deputada de Turismo subliñou que a colaboración da Deputación co centro focense “está a ser moi frutífera porque serve de práctica ao noso alumnado, contribúe a difundir o gran traballo que está a facer o IES de Foz coa organización dos campionatos e dá promoción ao Concello de Foz, á Mariña, e a nosa provincia en xeral”. García Porto tamén destacou a achega económica por parte da área de Turismo a un evento que contribúe á profesionalización dun sector, o da hostalería, que é fundamental para a economía da comarca”.
García Porto desexou moita sorte aos alumnos e alumnas que presentarán aos tres centros da provincia que participan na competición: o IES de Foz, o IES Sanxillao e a Escola de Hostalería Fundación Belarmino Fernández Iglesias.
Pola súa banda, Pablo Rivera dixo que a Deputación “continúa coa colaboración que iniciou a antiga Fundación TIC hai máis de dez anos”. Os alumnos de 2º de Realización encargaranse do streaming. Terán que enfrontarse a todos os condicionantes dunha emisión en directo e resolver os mesmos problemas que se atoparán cando accedan ao mercado laboral. É unha das prácticas en escenarios reais que fan durante o ciclo. Hai unhas semanas tamén realizaron, por exemplo, o streaming do Concurso Intercentros, outra colaboración cun centro educativo, neste caso o IES Muralla Romana de Lugo. Apostamos, por tanto, pola educación pública de calidade”.
Calidade e talento
O Alcalde de Foz agradeceu o apoio da Deputación “para dar visibilidade ao gran traballo do IES de Foz, do que saen grandes profesionais e que, ademais, anima a outros mozos e mozas a formarse neste centro. É unha aposta, tanto no IES de Foz como no Centro de Formación Audiovisual por que o talento se forme na casa e se creen posibilidades de emprego”. Pola súa banda, o director do IES de Foz, Nicolás Asensio, tamén destacou a importancia da educación pública e agradeceu ao alumnado do SdeA “o seu esforzo. Este encontro é unha gran oportunidade para que, tanto vós como os estudantes da nosa Escola, poñades en valor á formación que recibides”.
Tres xornadas e unha novidade
O evento arrancará o mércores, 12 de febreiro, ás 17:30 horas cos Campionatos de Baristas e de Catas de Café das Escolas de Hostalería. O xoves continuará a competición de baristas ás 10:00 e pola tarde, ás 17:30, celebrarase por primeira vez o Campionato Internacional de Catas de Cafés Profesionais. Xa por último, o día 14, ás 9.00 horas empezará o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
O encontro tamén inclúe dúas charlas. A primeira, o xoves ás 13:00 horas, leva por título Un café, un método, un cocktail, a cargo de Willy Gómez de Astro Café Roasters, e a segunda, o venres, ás 14:00 horas, o enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía falará do Cultivo biotecnolóxico do café. As dúas últimas xornadas haberá degustacións de repostería e café de 9:30 a 13:00 horas que estarán abertas ao público.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



