A Mariña 6 de febreiro de 2020. En resposta á comparecencia do conselleiro de sanidade no Parlamento, a Plataforma Sanitaria da Mariña manifesta que, ainda que é moi boa nova a reforma de espazos e servizos existentes, máis non anunciou nen un só servizo dos “ máis e mellores” que prometeron a través do seu delegado territorial, José Manuel Balseiro . Comprendemos que lle entren agora as presas ante a inminencia das eleccións galegas, que os colle co traballo sen facer e cun movemento de contestación social moi importante, pero consideramos insultantes as declaracións do conselleiro cando di que “ a Xunta continuará apostando polos hospitais comarcais, como ven facendo nos últimos anos, con máis e mellores servizos”.
En relación á reforma de espazos en urxencias e ao laboratorio multicéntrico queremos aclarar que toda remodelación que mellore os espazos e os servizos existentes “ merece os nosos parabéns ao gobernó que o acomete, máis seguimos sen falar dun só novo servizo ou dotación de nova creación”- comentan desde o colectivo.
Fala tamén o conselleiro dun programa de fisioterapia para pacientes crónicos, que agardamos non sexa igual que o que implantaron cando fixeron o concerto con empresas privadas, para derivar os casos crónicos que precisaban fisioterapia, co resultado de rescisión do convenio por parte da empresa sen avisar aos pacientes, aos que deixaron “ colgados con tratamentos sen finalizar”- explica a coordinadora do colectivo. Se queren implantar una programación en condicións que revisen a hemeroteca porque desde este colectivo xa lles demos as pautas acerca de cómo acometelo .
Desde a última manifestación convocada por SOS Sanidade Pública , hai exactamente un ano, a situación da sanidade pública empeorou de forma manifesta , e mesmo xurdiron novos colectivos sanitarios que se sumaron ás denuncias públicas que se veñen facendo , polo que xenera bastante desconfianza nos colectivos e na poboación a gran cantidade de medidas que vai tomar xusto agora, á desesperada e cunha cita electoral ás portas. “ Cheira moi mal e non se pode engañar á xente por máis tempo”- conclúen.
A Plataforma Sanitaria fleta dous autobuses para acudir á manifestación do domingo en Compostela .
A Plataforma Sanitaria da Mariña fletou dous autobuses para acudir o vindeiro domingo día 9 de febrero á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela . Baixo o lema de En Defensa da Sanidade Pública Galega, agárdase que acudan miles de persoas defraudadas , descontentas e indignadas coas políticas sanitarias do goberno da Xunta.
Sairá un autobús de Burela ás 8:30 h da estación de autobuses. Fará una primeira parada en Foz, na estación de autobuses ás 8:45 h, para continuar cara a Valadouro, onde fará outra parada ás 9:00 h na Praza de Santa María. A última parada deste itinerario será en Alfoz, diante do bar Rodolfo, ás 9:10 h.
O segundo autobús sairá da estación de autobuses de Ribadeo ás 8:45 h. e fará una única parada no Asador ás 9:00 h.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



