Ribadeo, 21 de febreiro de 2020.- O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, destacou “o gran esforzo que están a realizar os comerciantes por adaptarse ás novas demandas e necesidades dos consumidores”, en especial no que respecta á modernización das instalacións e á dixitalización dos seus negocios.
Balseiro sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia dúas convocatorias de axudas para a innovación do comercio e a artesanía e para a incorporación de medidas en materia de ecoinnovación comercial, que suman un orzamento de máis de 4,6 millóns de euros.
Ambos programas están enmarcados na iniciativa Comercio 360. O primeiro está orientado á modernización do comercio de proximidade, tanto das tendas físicas -reforma integral- como online -páxinas web, redes sociais…-. O segundo promove actuacións innovadoras cara á sustentabilidade, reducindo o impacto ambiental e mellorando a eficiencia dos recursos empregados, e polo tanto a competitividade.
O delegado territorial participará esta noite na gala anual da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo, onde fará referencia a estas medidas de colaboración co sector.
En concreto, Balseiro insta ao comercio local a “continuar avanzando por camiños polos que mesmo se pode avantaxar a outras fórmulas comerciais”, como pode ser “xogar a baza da sustentabilidade”. Ao respecto, explicou que a Consellería apoiará accións orientadas a reforzar a aposta polos produtos locais e ecolóxicos, a venda a granel, os envases biodegradables, ou facilitar aos clientes a reciclaxe de envases, entre outras iniciativas.
Por último, o delegado subliñou o papel fundamental do asociacionismo comercial, “que se visualiza en eventos como o que hoxe organiza Acisa, pero está detrás de numerosas iniciativas que se desenvolven ao longo do ano para prestar cada día un mellor servizo aos consumidores”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



