Lugo, 10 de xaneiro de 2020. O vindeiro 14 de febreiro remata o prazo para que os concellos interesados en adherirse á iniciativa autonómica de mellora de cobertura móbil presenten a súa solicitude. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron o pasado mes de decembro un acordo marco para facilitarlles ás entidades locais a adhesión á esta actuación.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe que o Goberno galego conta cun investimento de 5 millóns de euros para este proxecto, que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico Retegal, para a construción das torres, e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.
Balseiro afirmou que esta iniciativa é especialmente interesante para a provincia de Lugo, “que polas súas características de orografía e dispersión rural presenta aínda espazos de sombra, con dificultade ou ausencia de cobertura móbil”.
Os municipios interesados deben realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da FEGAMP, na que os concellos teñen á súa disposición toda a documentación que deberán achegar, así como información adicional aclaratoria, a través da web http://www.fegamp.gal/content/convenio-amtega-fegamp-cobertura-mobil-no-rural.
Entre a documentación que deben presentar as entidades locais interesadas figuran a información das zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura, e detalle das parcelas que o concello pon a disposición para a instalación das infraestruturas de telecomunicación.
A Xunta calcula que poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos rurais, repartidos a partes iguais nas catro provincias. En todos os casos serán lugares con vivendas nos que non hai cobertura móbil, e a maioría deles teñen menos de 10 habitantes.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



