Viveiro, 4 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro é o escenario esta semana dunha campaña de control do transporte escolar, dentro do acordo de colaboración que mantén coa Xefatura Provincial de Tráfico e coa colaboración da Policía Local.
Ao longo da semana, a Policía Local establece controis en diferentes puntos dentro dos itinerarios dos transportes escolares dos centros educativos do municipio.
Os axentes inspeccionan varios aspectos relativos aos condutores, como probas de alcoholemia e permisos de condución, e relativos aos vehículos, como autorizacións administrativas, ITV, seguros obrigatorios e medidas de seguridade no transporte, así como se contan con acompañante ou guía.
“Tamén se fai fincapé no uso do cinto de seguridade de todos os ocupantes do transporte, así como que cada menor dispoña da súa praza de asento”, informa Senén Pico Campos, xefe da Policía Local.
Paralelamente a esta campaña, os axentes supervisan o uso das prazas reservadas para autobuses, os pasos de peóns, e en xeral o bo funcionamento da circulación nas zonas escolares.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a importancia deste tipo de campañas de control e prevención para evitar accidentes, sobre todo nun tema tan sensible como é o transporte de menores”.
Os axentes dan tamén consellos aos peóns para non pararse nunca detrás do autobús porque non lle ven, non distraerse co uso do movil á hora de cruzar a calzada, esperar o sinal do condutor e cruzar sempre polo menos tres metros por diante.
“Dentro do autobús, hai que manterse sentado e co cinto posto, non correr ao chegar, nin ao saír, e obedecer ao condutor e ao monitor”, engade Senén Pico.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



