Ribadeo, 11 de febreiro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, amosou o seu desgusto, a rabia e a preocupación tras o novo incendio rexistrado en Ove, algo que xa se leva producido preto de trinta veces nos últimos anos. O autor ou autores sempre aproveitan os días de tempo seco con vendaval para provocar este lume. O rexedor agradece a colaboración veciñal e pídelle á poboación que si escoitan ou ven algo raro o comuniquen. Suárez Barcia non entende qué graza lles ten acabar co patrimonio natural, poñer en perigo o tren ou mesmo as vidas das persoas que traballan na extinción do lume. O alcalde agarda que o cerco sobre o autor ou autores deste lume se estreite.
Fernando Suárez manifestou “un profundo desgusto e unha profunda rabia e tamén preocupación por este novo conato de lume que se produciu onte á noite, na parroquia de Ove, concretamente na N-640, sempre nos mesmos puntos, aproximadamente a carón da ría de Ribadeo na zona entre o vial e máis o cantil. Sistematicamente se producen nesa zona, máis ou menos. Nos últimos anos, non sei cantos van pero deben ser preto de trinta, e sempre é igual, de noite e cando hai algo de vento seco, sobre todo vendaval”.
O rexedor subliñou que “temos a sorte de que a colaboración cidadá sempre está aí, protección civil de Ribadeo como no caso de onte co noso camión de bombeiros, a garda civil tamén e o axente medioambiental de distrito que se achegou. Sempre acabamos extinguindo o lume, pero un día quizais non sexa así e teñamos que lamentar desgrazas maiores”.
Suárez Barcia declarou que “eu non sei que graza lles ten acabar co patrimonio natural, coa flora e a fauna, poñer en perigo a liña de tren de Feve e o propio persoal humano que extingue o lume en sitios tan escarpados. Eu confío en que a este bicho que anda prendendo lume lle agarde o peor. Espero que algún día seguramente vai caer e a xustiza se fará cargo del”.
O alcalde de Ribadeo apela “á cidadanía que se hai algo que ve, porque isto xa se pasa de castaño escuro, que llo comunique ás autoridades dos corpos de policía para que fagan un seguimento estreito, porque é algo inédito que nunha parroquia haxa sistematicamente máis conatos de lume que no resto da Mariña xunta. É algo que non pode ser, polo tanto, dicir que entre todos imos acabar con este ou con estes malos e que o cerco se ten que estreitar si ou si”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



