Ribadeo, 21 de febreiro, 2020. Co pregón pronunciado polo xornalista Javier River deu comezo en Ribadeo a programación do Entroido 2020. No acto interviu o presidente da comisión organizadora, Alfonso Rodil, que deu as grazas ao pobo pola súa colaboración e a todas as persoas que botaron unha man na organización desta cita. A nota musical puxérona o Coro do Colexio Sagrado Corazón e o grupo de cantos de taberna En Faldas y a lo loco. As charandas A Choca e Aturuxo foron as encargadas de animar as rúas de Ribadeo na tarde noite de onte.
Hoxe, venres, a partires das cinco da tarde terá lugar no Teatro a Festa do Freixó, que seguirá mañá, sábado, desde as 12 do mediodía. Xa pola tarde, ás 20:30 horas, no parque de San Francisco terá lugar a saída da carroza da Comisión do Entroido, que percorrerá as rúas de Ribadeo. A xornada estará animada polas charangas locais.
O domingo ás doce do mediodía sairá a Comparca da Cocha, que estará acompañada do cuarteto Illa Pancha. Pola tarde a partires das 19:00 horas na praza do Cantón haberá concentración de mascaritas, con animación musical e premios gastronómicos. Durante o día as charangas locais animarán as rúas da vila.
O luns ás cinco da tarde celebrarase o Baile Infantil de Disfraces, na sala Rosa Lar. E pola noite ás 21:30 horas será a Cea do Entroido no restaurante Marinero.
O martes, festivo local, o grande desfile sairá ás cinco da tarde desde a Casa do Concello para percorrer as principais rúas da vila. En total vanse repartir máis de 4.000 euros en premios.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



