Lugo, a 11 de febreiro de 2020. Estimular o asentamento de empresas esixe crear as condicións idóneas en materia de infraestruturas e custes para o desenvolvemento dos proxectos empresariais. Neste sentido, o custe do solo industrial é peza clave das políticas para atraer empresas. Os polígonos industriais xestionados a través de Xestur ofrecen prezos moi competitivos; non ocorre o mesmo nos parques empresariais xestionados pola Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES) e por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA). O Grupo Provincial do PP, que ten por portavoz a Elena Candia, defenderá unha moción no próximo pleno da Deputación para instar a SEPES e a SEA a rebaixar o prezo do solo nos parques empresarias por elas promovidos na provincia. Igualmente, demanda que a Deputación asuma os compromisos adquiridos por Suplusa, agora en liquidación, para construción e xestión, con prezos competitivos, de modo que se garanta aos concellos a continuidade dos parques empresariais que estaban programados.
Hai que recordar que a Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES) promove na provincia de Lugo os parques industriais de Ribadeo e Sarria, mentres que Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA) asume os de Monforte, Rábade e Mondoñedo. Polo tanto, son varios os concellos na provincia de Lugo cuxo desenvolvemento industrial depende de SEPES e de SEA e, polo tanto, do Estado. Á vista da actual situación é evidente que algúns destes parques empresariais non responderon, ata o momento, ás expectativas que suscitaron; o custo do solo converteuse nunha das principais dificultades para a súa ocupación. Os populares consideran que para que estes parques empresariais sexan competitivos co solo industrial desenvolto noutros concellos, dependente fundamentalmente da Xunta de Galicia, a través de XESTUR, ou no seu caso da Deputación Provincial, ata agora por medio de SUPLUSA, é preciso que a oferta de solo por parte de SEPES e SEA se efectúe a un prezo similar ao de outras administracións.
A Xunta de Galicia trata de incentivar a compra de solo industrial público por parte das empresas e para iso ofrece máis facilidades aos interesados en adquirir estes terreos. Con ese obxecto, o Goberno galego puxo en marcha unha liña de bonificacións no prezo das parcelas, ampliación dos prazos para facilitar os pagos ou, máis recentemente, o denominado dereito de superficie. O obxectivo final é incentivar a aquelas empresas que opten pola nosa provincia e pola nosa C.C.A.A. para xerar actividade económica e crear novas oportunidades de emprego. Existen fórmulas para facer do solo industrial dispoñible, ou futuro, espazos atractivos para a implantación de empresas.
Os deputados provinciais consideran que o Goberno galego vai na boa dirección á hora de decidir ofertar solo industrial a un prezo máis accesible. Desde que o PP accedeu á responsabilidade do Goberno en Galicia impulsa a posta en valor da infraestrutura industrial existente, desde o propio solo empresarial ata incentivos no aluguer, para atraer tanto novo investimento produtivo como impulsar a actividade interior, isto é, das empresas xa emprazadas na provincia que poidan precisar deste solo.
Esta proposta do Grupo Popular prodúcese cando se constatan os primeiros síntomas de desaceleración da economía. Por elo, é urxente facer que empresas e emprendedores recobren a confianza e impulsar a súa actividade inversora. Coa finalidade de impulsar os ditos parques empresariais, atraer investimentos que permitan fixar novas oportunidades profesionais, que incentiven o crecemento produtivo, económico e laboral nas comarcas nas que se ubican, é necesario que a institución provincial se dirixa a SEPES e a SME para que rebaixen o prezo do solo nos parques empresarias que promoven e xestionan na provincia de Lugo.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



