Rocío obtivo a medalla de bronce na categoría M50F (maiores de 50 anos feminina), cun tempo de 20:28 para percorrer os 5,5 quilómetros da proba. A representación do Club Atletismo Ribadeo tivo o broche final coa boa actuación do seu segundo atleta en participar nese campionato: Marcos Conde Llenderrozos, que fixo un tempo de 16:27 e clasificouse no posto 17º da categoría M35M (maiores de 35 anos masculina).























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



