Burela, 19 de febreiro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS non puido comezar esta segunda semana de dobre esixencia puntuando. A escuadra laranxa, coa retirada de Matamoros nos compases iniciais por molestias nun xemelgo, non puido facer fronte á revelación da tempada, Viña Albali Valdepeñas (4-1), que conseguiu tomar vantaxe no marcador grazas á estratexia cun tanto temperán en cada parte e despois atopar oportunidades fronte ao xogo de cinco dos galegos. Nova oportunidade: Os mariñáns continuarán coa súa xira semanal poñendo rumbo esta noite xa a Peñíscola, onde disputarán a xornada 22 o venres, a partir das 21.00 horas.
O ex dos laranxas Chino deulles a vantaxe aos locais nada máis saltar á pista, no minuto 3, aproveitando un saque rápido de esquina. Comezou entón a costa arriba para os galegos; antes da medianía do primeiro acto Pope e Joselito dispuxeron das mellores visitantes chocando primeira fronte ao Edu de Valdepeñas e máis tarde con P. Ibarra. O meta naronés mantivo aos de Juanma Marrube no partido con dúas grandes intervencións ante Cainan e Chino nos minutos 14 e 15. Rozando o descanso Xande non puido aproveitar a ocasión para empatar en dobre penalti.
Rafael Rato ampliou as distancias no regreso á pista, sentenciando de novo desde un saque de córner. No 27, o Pescados Rubén Burela apostou por xogo de cinco con Joselito. Non houbo fortuna e no 31 o meta local subiu o 3-0. O porteiro xogador foi o baluarte dos mariñáns, que conseguiron reducir distancias no 39, con Álex Diz, aínda que Rafa Rato volveu recuperar a vantaxe nos últimos compases, co definitivo 4-1.
Ficha técnica
Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, M. García, P. Ibarra, Nano, Cainan, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Jose Ruiz, Rafael Rato, Chino, Dani Santos, Juanan
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Matamoros, Renato, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pitero, Joselito, Pope, Pixote, Xande
Goles: 1-0, minuto 3, Chino; 2-0, minuto 23, Rafa Rato; 3-0, minuto 31, Edu; 3-1, minuto 39, Álex Diz; 4-1, minuto 40, Rafa Rato
Árbitros: García Hernández // Redondo Arenales. Por Burela amarela a Renato (minuto 20), Xande (minuto 34), Lucho (minuto 38)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado no Virgen de la Cabeza de Valdepeñas.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
