Compostela, 16 de marzo de 2020. A Mesa pola Normalización Lingüística insta a Feixoo a respectar o dereito da cidadanía galega a recibir na súa lingua información tan trascendental e crítica como a relativa ao establecemento do estado de emerxencia sanitaria, para evitar a expansión do Coronavirus. “En momentos tan graves como o que estamos a vivir”, denuncia Marcos Maceira, “é necesario que a poboación galega reciba información clara e precisa na súa lingua”. “É un dereito básico da nosa cidadanía”, explica o presidente da entidade de defensa da lingua, ” e, por iso, non se entende que o presidente da Xunta, o conselleiro de Sanidade e o xerente do SERGAS abandonen o uso da nosa lingua no exercicio das súas funcións, precisamente, neste momento trascendental para todas e todos nós”.
A lingua galega é un elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego con respecto ao cal os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. “Feixoo é o máximo representante de Galiza”, abunda Maceira, ” e dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é parte da súa responsabilidade, máis cando se trata de informalo de cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura”.
“Se o presidente da Xunta empregou o castelán na súa comparecencia para declarar o estado de emerxencia sanitaria de Galiza porque a quen se dirixía non era á cidadanía galega, senón as persoas que aproveitaron a situación de emerxencia para pasar uns días de ferias no noso país”, conclúe o presidente da Mesa, “recordarémoslle que a súa obriga é defender ou, polo menos, respectar os dereitos da cidadanía galega á que representa e que, para facelo, non pode deixar que a frivolidade dunha minoría irresponsábel convirta a nosa lingua nunha outra vítima do COVID19”.
Para facilitar a información ao público e o traballo naqueles estabelecementos que teñen que manterse abertos nestes días, A Mesa editou uns carteis con información básica de seguridade que se pode desgargar da páxina web ou das redes sociais. A entidade ofrece a súa colaboración ás autoridades sanitarias galegas e lembra que a liña específica de atención ao coronavirus en Galiza é o número 900400116.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



