Lugo, 6 de marzo de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, súmase á reivindicación da igualdade e os dereitos das mulleres que este ano centran o lema da ONU con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.
Isabel Rodríguez encabezou hoxe o primeiro dos actos organizados pola Subdelegación do Goberno en Lugo para conmemorar esta data, no que deu lectura ao manifesto no que o Goberno de España asume o compromiso de erradicar todas as formas de discriminación que padecen as mulleres e expresa a firme vontade de loitar pola igualdade real entre mulleres e homes.
O manifesto lembra que “aínda que España está á vangarda internacional en canto á súa lexislación contra as violencias machistas ou pola igualdade entre mulleres e homes, as máis de mil mulleres asasinadas, dúas delas este ano na nosa provincia; as agresións sexuais, os datos económicos sobre desigualdade retributiva, a falta de corresponsabilidade nos coidados, ou as batallas que aínda han de librarse por alcanzar a igualdade real, evidencian que o noso país debe poñerse á altura das lexítimas e perentorias demandas das mulleres”.
“Por iso, o Goberno de España expresa o seu firme compromiso de erradicar todas as formas de discriminación que padecen as mulleres, garantindo unha aposta lexislativa valente e firme; e incorporando aos seus marcos normativos e de políticas públicas a Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, así como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 de Nacións Unidas.
Mediante esta Declaración Institucional, o Goberno de España expresa a súa firme vontade de loitar pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, tanto dentro das nosas fronteiras como na súa proxección exterior”, conclúe.
Os actos conmemorativos organizados pola Subdelegación do Goberno continuarán o vindeiro mércores, día 11 de marzo, coa celebración dunha mesa de debate titulada “Mellora das condicións da muller no mercado de traballo”. Contará coa participación da maxistrada do Social Dalila Dopazo Blanco, o xefe provincial da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, a inspectora de Traballo e Seguridade Social Olalla Ferreiro-del Rey, e a representante da Asociación Executivas de Galicia, Mónica Álvarez. A ponencia terá lugar no salón de actos da Axencia Tributaria, ás 11 da mañá.
ROMPENDO ESTEREOTIPOS
A subdelegada interveu ademais, esta mañá, nun encontro con escolares do CEIP Paradai organizado con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, no que tamén participou unha subinspectora da Policía Nacional.
Isabel Rodríguez eloxiou esta iniciativa da comunidade educativa deste centro escolar de Lugo pois considera que iniciativas coma esta serven de estímulo para a igualdade entre as mulleres e homes do futuro. Por iso, agradeceu o compromiso do profesorado na formación en igualdade de nenas e nenos.
Nesta actividade, celebrada esta mañá baixo o lema “Rompendo estereotipos”, a comunidade deste centro escolar reuniu a distintas mulleres para demostrarlle ao alumnado de infantil e primaria que o éxito profesional non está condicionado polo sexo e que as mulleres poden acceder a calquera posto que se propoñan.
Isabel Rodríguez compartiu as súas experiencias con alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, xunto coa actriz Benedicta Sánchez, a conselleira de Educación, Carmen Pomar; Irene Cortiñas, a segunda muller xitana en acadar unha carreira universitaria, e Adiatarou Iglesias, campiona paraolímpica de atletismo.
Pola súa parte, a subinspectora da Policía Nacional Silvia Ribeira, reuniuse con alumnos de infantil e e de 1º e 2º de Primaria, xunto coa árbitra de fútbol Tania Fente, a arqueóloga Yolanda Álvarez, e a mecánica Mercedes Álvarez.
CO MUNDO DO TRABALLO
A subdelegada do Goberno tamén participará pola tarde no acto conmemorativo do Día Internacional da Muller que organiza en Lugo o sindicato UGT no que se fará unha homenaxe á sindicalista Ana María Abel Longarela.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



